Arquivo para Octubre 2015

Fai 313 anos

Domingo, 18 Octubre 2015, por marineros bouzas

Por segundo ano consecutivo puxemos rumbo a Rande, para conmemorar o 313 aniversario da batalla naval entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa. Nesta segunda edición houbo tres representacións distintas, nunha delas os barcos de Bouzas foron protagonistas principais, cando dende o peirao reclamaban que atracaran os barcos, estes chegaron a terra, e mentres uns descargaban ricas mercadorías, ouro, prata,  outros barcos achegaban a terra os nobres e comendadores. Na ultima representación, xa de noite mentres soaban os canonazos os barcos abandonaban o peirao e poñían rumbo a Bouzas.

Visitaronnos os alumnos do CEIP de Candean

Domingo, 4 Octubre 2015, por marineros bouzas

Os alumnos do colexio CEIP “Igrexa-Candeán” Vigo, neste curso están facendo un traballo sobre os oficios no mar, con tal motivo solicitáronnos unha visita guiada ao pantalan de barcos tradicionais. A asociación explicoulles a rica tipoloxía dos barcos galegos, eles aproveitaron para tomar notas e completar os traballos.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad