Arquivo para Diciembre 2015

Premios da cultura galega 2015

Miércoles, 23 Diciembre 2015, por marineros bouzas

Por fin, o 21 de decembro do 2015 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, a FGCMF recibiu un galardón ben merecido. A Xunta de Galicia convoca cada ano os PREMIOS DA CULTURA GALEGA, un recoñecemento a labor creativa de entidades e persoas que están a desenvolver en Galicia nos ámbitos das letras, artes plásticas, artes escénicas, musica, audiovisual, lingua, proxección exterior, e do patrimonio cultural.

O xurado entendeu este ano que A FGCMF, en representación do colectivo, era merecedora do PREMIO CULTURA GALEGA DE PATRIMONIO CULTURAL. A labor que ven desenvolvendo a Federación, dende o ano 1993 de maneira constante a prol da salvagarda do Patrimonio Marítimo, especialmente no que se refire á recuperación de embarcacións é tipoloxías de Galicia, e á realización de investigacións no patrimonio costeiro marítimo, fixo que o xurado decidira que era merecedora deste significado premio.

O actual presidente da Federación Manolo Sendo recolleu o premio en nome do amplo colectivo que formamos a Federación, e asi o fixo constar na sua brillante intervención que axustada a dous minutos foi suficiente para agradecer o premio, reivindicar a implicación das administracións en que a flota tradicional sexa recoñecida como un ben cultural, e invitar á cidadanía a desfrutar desta inmensa riqueza do noso Patrimonio Marítimo.

Sueste nos invita a ver a intervención de Sendon.

Disfrutando cas corais

Lunes, 7 Diciembre 2015, por marineros bouzas

Noso agradecemento, as corais participantes no XVI CONCERTO, a Coral Polifónica San Pelayo, Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán e Coral Polifónica San Roque de Vigo, que con tanto entusiasmo e de forma desinteresada fixeron as delicias do publico que asistiu o concerto.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad