Premios da cultura galega 2015

Por fin, o 21 de decembro do 2015 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, a FGCMF recibiu un galardón ben merecido. A Xunta de Galicia convoca cada ano os PREMIOS DA CULTURA GALEGA, un recoñecemento a labor creativa de entidades e persoas que están a desenvolver en Galicia nos ámbitos das letras, artes plásticas, artes escénicas, musica, audiovisual, lingua, proxección exterior, e do patrimonio cultural.

O xurado entendeu este ano que A FGCMF, en representación do colectivo, era merecedora do PREMIO CULTURA GALEGA DE PATRIMONIO CULTURAL. A labor que ven desenvolvendo a Federación, dende o ano 1993 de maneira constante a prol da salvagarda do Patrimonio Marítimo, especialmente no que se refire á recuperación de embarcacións é tipoloxías de Galicia, e á realización de investigacións no patrimonio costeiro marítimo, fixo que o xurado decidira que era merecedora deste significado premio.

O actual presidente da Federación Manolo Sendo recolleu o premio en nome do amplo colectivo que formamos a Federación, e asi o fixo constar na sua brillante intervención que axustada a dous minutos foi suficiente para agradecer o premio, reivindicar a implicación das administracións en que a flota tradicional sexa recoñecida como un ben cultural, e invitar á cidadanía a desfrutar desta inmensa riqueza do noso Patrimonio Marítimo.

Sueste nos invita a ver a intervención de Sendon.


3 Respostas a “Premios da cultura galega 2015”

  1. Ricardo dice:

    Que bonito o discurso, da gusto escoitar a Manolo. A todos moitisimas gracias polo traballo feito para manter, recuperar e divulgar a Cultura Maritima Galega.

    “E que o seu destino non pode ser a morte nas rotandas se non unha vida digna nos portos, en marinhas tradicionais…”

  2. Vanesa dice:

    Sinxelamente noraboa!!
    Noraboa polo traballo realizado con esmero e paixón constante,
    Noraboa pola xenerosidade dos que adicades horas desinteresadas a contaxiarnos ó resto,
    noraboa polo esforzo en silencio ao longo dos anos e que hoxe ten un recoñecemento público.

  3. Ramon RC dice:

    Noraboa , pero o nome do Pdte debe ser Manuel García Sendón .

    Sale hoxe (4/2/16) unha referencia no Faro de Vigo . “solo para suscriptores ”
    http://www.farodevigo.es/suscriptor/faro-cultura/2016/02/04/patrimonio-flote/1397769.html

Deixa un comentario