Arquivo para 2015

Visitaronnos os alumnos do CEIP de Candean

Domingo, 4 Octubre 2015, por Corso

Os alumnos do colexio CEIP “Igrexa-Candeán” Vigo, neste curso están facendo un traballo sobre os oficios no mar, con tal motivo solicitáronnos unha visita guiada ao pantalan de barcos tradicionais. A asociación explicoulles a rica tipoloxía dos barcos galegos, eles aproveitaron para tomar notas e completar os traballos.

A Nao San Juan

Martes, 22 Septiembre 2015, por Corso

Noso compañeiro Ricardo foi visitar Albaola, asociación dos nosos camaradas Vascos en Pasaia que nunca se perden os “Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia”. Aproveitou a visita, e fíxonos esta crónica que acompaña con fotos.
A Asociación Albaola naceu en Maine (EEUU) en 1997 coa construción da traiñeira Ameriketatik e adícase a revitalizar o patrimonio marítimo vasco a través da construción e rehabilitación de embarcacións tradicionais, tendo como proxecto estrela a construción da Nao San Juan.

Unha réplica a tamaño real dun ballenero vasco co mesmo nome afundido en Canada en 1565. Os Vascos coma os Galegos eran de gran tradición ballenera. Eles construían Naos para ir pescar os cetáceos a Canada, alí tamén facían fornos de praia para poder obter o aceite que logo gardaban en barrís e traian de volta para vendelos no vello continente.

En 1978 atopouse o pecio en Red Bay e despois de 30 anos de investigación comezaron a construción da réplica no Astillero “Albaola Itsas Kultur Faktoria”. Unha Nao de 28m de eslora, 7,5 de manga e 3 cubertas. Empregando unha quilla de faia de 15m, 200 carballos de Sakana e 20 abetos para os mastros todos eles seleccionados pola sua forma.

E por suposto a construción estase levando a cabo empregando as técnicas de construción do S.XVI. Toda unha empresa a dos nosos compañeiros! aos que esperamos velos co San Juan nos próximos Encontros de de Galicia.

Concurso de pesca en Bouzas

Domingo, 13 Septiembre 2015, por admin

SÁBADO 19 DE SETEMBRO DE 2015. Organizamos o XVII CONCURSO DE PESCA DENDE EMBARCACIÓN EN MODALIDADE LIBRE. Esta competición esta aberta a todos aqueles que queiran participar e cumpran as normativas.

Inscribirvos e recoller as bases na asociación, no momento de inscribirse farase entrega das bases e normas que rexeran o concurso co cadro das puntuacións. Haberá importantes premios doados polos patrocinadores. Os veteranos xa sabedes que si hai peixe faremos unha fritada mariñeira para os participantes no concurso, é se pode ser tamén unha caldeirada. debaixo unhas fotos do ano pasado.

 

Os Carpinteiros de Ribeira

Domingo, 6 Septiembre 2015, por Corso

Noso amigo Xacobe, navegante en Bouzas, ilústranos con este documento feito por el fai tres anos, sinxelo pero autentico, magoa que non estean mais documentadas moitas destas sapiencias que co tempo poden desaparecer.

Po los mares de Combarro

Jueves, 27 Agosto 2015, por Corso

Un ano mais puxemos Rumbo a Combarro, navegamos primeiro dende Bouzas a Portonovo, onde paramos a comer, navegamos con calma chicha asi que todo tempo a motor, e todo mundo fixo fotos na travesía, ademais aproveitabamos o bo tempo para ir repoñendo forzas polo camiño. Dende a Vila onde se asentan nosos compañeiros “Os Amigos da Dorna de Portonovo” ata Combarro puidemos navegar a vela nun Rumbo ben bonito.

Xa neste fermoso lugar o amplo programa que nos ofrecía Combarro mantívonos ocupados pola Vila adiante, e case que non fixemos fotos.  Pero a volta, o dobrar Cabo Udra os barcos xa empezaron a bailar, é mais o Sur despois de virar Punta Couso e deixar “As Osas” por Babor, os barcos ensinaban parte da quilla cos pantocazos, estas travesías, con eses mares, eses ventos, eses sentires do salitre no corpo, esas cousas ahi que vivilas, experimentalas, porque a algúns lles agobia, lles angustia, e a outros enaltécenlle os sentires. Notouse que o forno non estaba para bolos, e nadie fixo fotos, que magoa porque seguro que sairían ben bonitas.