Arquivo para 2016

Rematamos o ano cas xornadas do Patrimonio Marítimo

Sábado, 24 Diciembre 2016, por marineros bouzas

A recentemente inaugurada sede, acolleu por primeira vez as actividades culturais que ven desenvolvendo a asociación. O venres Tesouros Humáns Vivos. O sábado talleres, exposicións, visitas guiadas, manobras, navegacións e conferencias.

No taller de pesca, os protagonistas principais foron os nenos, quenes gozaron das ledicias de pescar en seco, e onde aprendían a identificar as especies e os distintos artes de pesca que se empregan nos nosos mares.

Non foron menos interesantes as exposicións, tanto a exposición adicada aos primeiros motores foraborda que chegaron a Galicia, coma a do “patrimonio do vento e do sal”, fixeron reflexionar os visitantes. Ao tempo houbo visitas guiadas e saídas a navegar. Con todo, os visitantes achegáronse un anaquiño as cousas dos mares de Galicia.

Xornadas culturais na nova sede

Domingo, 11 Diciembre 2016, por marineros bouzas

Venres 16 e sábado 17 de decembro

Venres 16 ás 20 horas. Organizado pola Asociación Cultural Vila de Bouzas e coa colaboración de Mariñeiros de Bouzas. Presentarase “Tesouros Humans Vivos” Testemuñas de persoas con experiencias no mundo do mar, referendado cos proxectos da UNESCO en canto a defensa do Patrimonio Inmaterial, no enlace tedes mais información.  https://www.facebook.com/Asociaci%C3%B3n-Cultural-Vila-De-Bouzas-1718008931818197/

tesouro

 

Sábado 17  “Xornada do Patrimonio Marítimo” organiza Mariñeiros de Bouzas

Exposicións, Obradoiros, Visitas guiadas, e conferencia:  As 11, 12, 13 Horas. Visitas guiadas o pantalan de Embarcacións Tradicionais. Obradoiros de pesca infantil. Manobras de izado e arriado de velas. Posibilidades de navegacións na dársena (dependendo do tempo) pola tarde as 17 e 18 Horas Visitas guiadas o pantalan de Embarcacións tradicionais. Obradoiros de pesca infantil, Manobras de izado e arriado de velas. As 19 Horas Conferencia  Coloquio sobre  “Para que Conservar o Patrimonio Marítimo.

Un paso avante na historia da asociación

Miércoles, 30 Noviembre 2016, por marineros bouzas

O 19 de Novembro de 2016, será unha data significativa para nosa asociación. Nesa data esta asociación deu un paso avante na sua historia. As 12,10 da maña co local ateigado de xente, autoridades, socios, colaboradores, e amigos, o presentador deu comenzo o acto, dando a benvida a tódolos asistentes.

Dicía que a nave que hoxe inauguramos aquí, seu principal uso vai ser, a garda e mantemento dos barcos tradicionais da Asociación. Expoñía nuns minutos, 21 anos de historia, dicindo que: ao abeiro do Recheo de Bouzas nos anos 90, e co proxecto de urbanización e humanización desta parte da Vila Boucense, onde había un cento de embarcacións artesanais e deportivas fondeadas na praia do Adro, os cambios, facían necesario unha nova reunificación.

Así un grupo de persoas se organizaron e o 23 de outubro de 1995 fundaron a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, continuaba dicindo que, naceu con dous fins prioritarios, a ordenación dos amarres das embarcacións, e coa vocación de impulsar o coñecemento da cultura mariñeira galega e a defensa do Patrimonio Marítimo, tal como recollen seus estatutos.

Ao largo deses anos a asociación, desenvolveu numerosas actividades, gratuítas e abertas ao publico, que son desenvolvidas grazas ao labor do numeroso voluntariado, sexan socios ou simpatizantes, que de forma altruísta colabora con Mariñeiros de Bouzas. Deseguido se proxectou un pequeno Audiovisual de 10 minutos, onde votaba unha ollada á estela que á asociación foi deixando pola popa, nesta singular travesía.

O acabar a proxección, houbo unha mención a Luis Rei, finado hai un ano, destacado militante da Cultura Marítima de Galicia, (Director da Revista ARDENTÍA dende seus inicios) lendo unhas frases escritas por el fai uns anos.

O primeiro en tomar a palabra foi Moncho Vázquez, presidente da asociación, que comenzou dando a benvida as autoridades socios e colaboradores, agradecendo a continuación a labor das diferentes xuntas directivas que o longo dos anos mantiveron, animo e confianza para dar continuidade aos diferentes proxectos da asociación, comentou como nas imaxes do audiovisual podíase ver a traxectoria da asociación dun xeito moi resumido, e que a nave facilitaría as tarefas a desenvolver.

Na sua intervención, dicía que dende os primeiros tempos houbo diversas xestións encamiñadas a ter unha sede na que levar a cabo as labores da asociación, e destacaba o presidente que este proxecto se ven desenrolando dende hai 9 anos, que foi posible gracias os esforzos dos socios é o tesón das diferentes xuntas directivas. Que para levalo adiante non contamos co apoio económico de nadie, que se continuara cas actividades e que se aspira a organizar o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia a celebrar no ano 2019.

Aproveitando a presentación da presidenta da Deputación se fixo mención as necesidades do colectivo, do que entendemos tomou nota, asunto do que tamén se lle fixo mención o alcalde. Na intervención de ambos, expuxeron que na medida das posibilidades atenderían as solicitudes.

Concerto Mariñeiro o Sábado 26

Miércoles, 23 Noviembre 2016, por marineros bouzas

O Sábado 26 de Novembro de 2016 as 20,00 Horas no IES-AUDOVISUAIS de Bouzas, celebraremos noso tradicional concerto de corais da canción mariñeira, que coma cada ano fará as delicias do publico asistente, coma sempre estades todos invitados a desfrutar do concerto. Aberto a todos os colectivos e todas as persoas en xeral que desexen compartir eses momentos cas tres corais participantes.

cartelpequeno

Inauguramos o sábado 19 as 12 horas

Martes, 15 Noviembre 2016, por marineros bouzas

Por fin, chegamos a outra meta, que de seguro, alegrara a tódolos navegantes e defensores do Patrimonio Marítimo. Despois da inauguración no ano 2008, do primeiro pantalan da Península Ibérica, dedicado única e exclusivamente a amarrar os barcos tradicionais, un autentico museo flotante, o dia 19 chegaremos a un novo porto.

O vindeiro, SÁBADO 19 DE NOVEMBRO DE 2016 AS 12 HORAS vai ter lugar a inauguración da nova sede, de nosa Asociación Mariñeiros de Bouzas. Tratase dunha pequena nave destinada a gardar e reparar os barcos tradicionais, de nosa Asociación.

Será un acto sinxelo pero emotivo pra nos, xa que significa o esforzo de moitos anos continuados de peregrinar polas distintas administracións, de facer moitos números e moitos esforzos ata rematar esta singradura.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad