A voltas ca Pesca Recreativa

Na Asemblea anual que celebra cada ano FEDEPEMAR, e que se organiza nunha localidade distinta ao longo da costa Galega, este ano 2016 a Asociación Mariñeiros de Bouzas, foi coorganizadora.  A asemblea celebrámola no incomparable marco do Museo do Mar de Galicia, na que os asistentes puídemos desfrutar dunha espléndida visita Guiada, xa pola tarde a asociación anfitriona, (Bouzas) ofrecémoslle unha visita guiada ao pantalan de Barcos Tradicionais.

No “Informe de Xestión” Beiro o presidente de Fedepemar, destacou dos demais puntos, o que a administración segue nas súas 13, de non entender que a pesca recreativa, non é precisamente a que fai dano os recursos pesqueiros, e seguimos a estar en perigo de extinción.

Polo que esta en marcha un estudio serio que demostre a importancia dos recreativos en canto, o importante valor económico que xeramos este tipo de pesca, e a gran cantidade de persoas que mobiliza, no estudio vai participar a Universidade de Santiago, e mesmo poderá haber un congreso sobre o asunto.

Solicitáronnos que todos colaboraramos cubrindo a encuesta que nos facilitaron e que estará dispoñible en todas as asociacións e clubes , para os pescadores.


Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad