Rememorando a singradura a Brest 2008

Neste ano que acaba de comenzar toca concentración en BREST 2016. Noso amigo Ramon Recarei para unha boa entrada do ano, regalanos o vídeo de “Galicia en de Brest 2008” nunha versión mais completa, para que poidamos rememorar e desfrutar de aquel reto sen precedentes para a FGCMF CULTURMAR. Aquel ano no que se desprazaron a Brest 25 embarcacións e 150 persoas.

Naquel ano 2008 no que Galicia foi convidade de honra na Festa Marítima de Brest (Francia), en Xullo de 2008. Foi a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, quen representou a Galicia na festa do mar mais importante de Europa, e quezas do mundo, que cunha moi ampla representación, na que Mariñeiros Bouzas participou amplamente, démonos a coñecer ao mundo.

A cultura galega dispuxo dun escaparate inmellorable para espallar e por en valor o seu rico patrimonio cultural, nun evento de grande prestixio e repercusión. A través de carpas con exposicións de temática diversa, con embarcacións tradicionais galegas, tanto no mar como en terra, taller de cestería, e tampouco podía faltar a música tradicional galega, presente en Brest da man de dous dos seus máximos expoñentes. O grupo de cantareiras “Leilia” e os gaiteiros de “Treixadura” acompañados polo Orfeón, que fixeron as delicias de todos os que puidemos desfrutar da GRAN FESTA.


Unha resposta a “Rememorando a singradura a Brest 2008”

  1. Carlos Cordero dice:

    A la vista del vídeo, me parece impresionante la concentración de Brest 08. Desde luego, mucho he oído hablar, y bien, a los marineros de Bouzas que tuvieron la suerte de asistir, pero después de ver este vídeo se puede apreciar lo que debió significar a todos los niveles. Me imagino la gran organización que se requiere para un evento de esta naturaleza.

Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad