Arquivo para Mayo 2016

Os australianos tamén defenden seu patrimonio

Domingo, 22 Mayo 2016, por marineros bouzas

Froito da navegación que fixemos cos investigadores, publicada o pasado 8 de maio, onde aproveitamos para falar do noso patrimonio e mostrar as marabillas da nosa Ria, as bateas, as fabricas de conserva, as baleeiras, as cetarias de marisco a pesca do polbo e outras exquisiteces, constatamos que nesa xornada a divulgación do patrimonio chegou a moitos lugares do mundo.

Os australianos encabezados por Tim Ryan nos mandan información sobre seu festival de barcos de madeira que teñen cada dous anos, é nos mandan enlaces pra que botemos un ollo,  http://www.australianwoodenboatfestival.com.au/    indicándonos que sua concentración se celebrara do 10 ao 13 de febreiro de 2017,  ademais nos invitan a participar inda que sexa sin barco. Nos ofrecen o privilexio de chegar ata o fondo de Tasmania onde vai ser a concentración, para que coñezamos seu patrimonio. A ver si a Federación consigue axudas e tira millas, ala imos a coñecer o Patrimonio Marítimo de Tasmania.

Iniciación á navegación en embarcacións tradicionais

Domingo, 15 Mayo 2016, por admin

O 25 de maio iniciaremos unha actividade de iniciación á navegación nas embarcacións tradicionais de Bouzas.

O primeiro día na nosa sede, falaremos de como van ser esas xornadas e cales son os obxetivos das navegacións. No cartel tedes a información de como inscribirvos ou como contactar cos responsables.

 

 

 

A navegación cos investigadores

Domingo, 8 Mayo 2016, por marineros bouzas

Que Vigo sexa sede dunha reunión internacional relacionada coa investigación mariña non é novidade. Que esta reunión fora de expertos en hidroacústica vidos de todos os confíns do mundo podería, xa que logo, ser un fito relevante: nunca tal se vira por estes lares. Porén, cunha representación deles conformada por membros de Canadá, Australia, Nova Zelandia, Reino Unido, Estados Unidos, Italia ou República Checa fixera unha visita ás Cíes en embarcacións tradicionais, isto si que resulta unha novidade.

Tal cousa aconteceu o pasado 23 de abril, onde os investigadores estranxeiros vinculados ao Consello Internacional para a Exploración do mar, un organismo, con sede en Copenhague, Dinamarca. O organizador da reunión, é membro de CULTURMAR, Pablo Carrera, puxese en contacto con nosa asociación para organizar unha xornada de navegación a Cíes que non poderán esquecer.

As nove da maña partimos do peirao de Bouzas unha escolma de fasquías e velas tradicionais. Inda que o día non axudou ao principio. A falta de vento xunto cun pequeno orballo, sementaron algunha dúbida, por sorte, rumbo á Borneira, a chuvia cesou, a navegación cerca da costa norte da Ria e mais ao W o dar volta a Cabo Home, foi motivo de admiración pra os investigadores.

Despois de recalar na praia de Rodas, subir ao Faro, nese santuario das aves mariñas, recuperamos forzas cas marabillas da conserva de Galicia, pero o mellor estaba por vir. O vento do oeste estivo pronto para a navegación proa a Bouzas, que sen apenas variar rumbo, tróuxonos ata o peirao cunha boa velocidade. Non había mellor xeito de rematar a xornada. Que mais se pode pedir?

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad