Os australianos tamén defenden seu patrimonio

Froito da navegación que fixemos cos investigadores, publicada o pasado 8 de maio, onde aproveitamos para falar do noso patrimonio e mostrar as marabillas da nosa Ria, as bateas, as fabricas de conserva, as baleeiras, as cetarias de marisco a pesca do polbo e outras exquisiteces, constatamos que nesa xornada a divulgación do patrimonio chegou a moitos lugares do mundo.

Os australianos encabezados por Tim Ryan nos mandan información sobre seu festival de barcos de madeira que teñen cada dous anos, é nos mandan enlaces pra que botemos un ollo,  http://www.australianwoodenboatfestival.com.au/    indicándonos que sua concentración se celebrara do 10 ao 13 de febreiro de 2017,  ademais nos invitan a participar inda que sexa sin barco. Nos ofrecen o privilexio de chegar ata o fondo de Tasmania onde vai ser a concentración, para que coñezamos seu patrimonio. A ver si a Federación consigue axudas e tira millas, ala imos a coñecer o Patrimonio Marítimo de Tasmania.


Unha resposta a “Os australianos tamén defenden seu patrimonio”

  1. Richard dice:

    Xa me lembro dos de tasmania, estivemos falando un rato da sua concentración, e de que el fixera unha piragua de madeira super lixeira.

    Eu anímome a levar a buceta ata lá, so necesitamos un mariñeiro a mais pra que nos axude a abrir as latas de mexilons.

Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad