A chegada das traiñeiras e a orixe da pesca industrial en Galicia explicadas a través da traiñeira “VIGO CINCO”. Membros do Club de Remo Virxe da Guía achegáronse ata o pantalán de embarcacións tradicionais da nosa asociación para participar nesta nova actividade que vimos de poñer en marcha.
Tras coñecer as embarcacións tradicionais de Galicia que están expostas no pantalán, os membros do club de de Remo da Guía subiron á traiñeira “VIGO CINCO” para recibir a bordo da propia embarcación explicacións como:
* cando chegou a Galicia a primeira traiñeira procedente do Cantábrico.
* no ano 1899, só en tres meses, matriculáronse en Vigo máis de cen traiñeiras. Por que chegaron masivamente a Galicia as traiñeiras?.
* a chegada a Galicia das traiñeiras provocou fortes enfrontamentos verbais e físicos entre mariñeiros, ata o extremo de xerar o conflito que se coñeceu como a “guerra da sardiña”
* no deporte do remo adoita falarse indistintamente de traiñeira e traíña, pero son a mesma cousa ou son cousas diferentes?.
* as competicións de de traiñeiras, nos seus inicios, facíanse nas propias embarcacións de pesca: sabes como foi a evolución da traiñeira de pesca ata as actuais de competición?
* sabias que en Bouzas podes visitar a única traiñeira de pesca que hai en Galicia?
Logo de completar a súa formación como deportistas a través destas cuestións relacionadas co deporte que practican os membros do club de Remo da Guía convertéronse en tripulación da traiñeira e realizaron unha navegación a remo para experimentar as mesmas sensacións que tiñan os mariñeiros que hai uns 100 anos vogaban nas traiñeiras de pesca.