Desafío berete

O pasado sábado na praia de Arealonga en Chapela, celebrouse a 1º regata de dornas a vela “Desafío Berete” nun ambiente festivo e moi animado. A participación para ser a primeira regata foi moi importante xa que participaron dornas das que compiten habitualmente en regatas mais veteranas e con certo renomee. Dornas da Arousa, de Vilanova, do Grove e naturalmente dornas da Ria de Vigo. Ata ali navegaron barcos do pantalan de embarcacións tradicionais de Bouzas para animar a dársena, pero o importante foi que catro das dornas que amarran nese museo participaron na regata.

A Nova Froiña, A Madorniña, A Siña Pepa e A Carlota. Esta ultima matriculada no ano 1996, feita na Illa de Arousa por Manuel Costa, e tripulada por dous veteranos foi a gañadora da regata. Este importante trofeo xa esta na exposición de Mariñeiros de Bouzas.


Deixa un comentario