Arquivo para Agosto 2016

Rachando mastros a 15 nos por Grumete Peixiño

Viernes, 19 Agosto 2016, por marineros bouzas

Chegou un novo mércores a Bouzas e tocaba navegación. Xa pola mañá vimos a patroa e máis eu que o vento era bravo. A sorpresa foi que ao chegaren á porta da chabola alí había una chea de xente para saír a navegar. A pesar de levar dous anos organizando a actividade en modo curso, a idea de que a Asociación saca a “pasear gratis pola Ría” a quen apareza por alí está moi difundida.

Finalmente se repartiu aos visitantes e nós, que xa temos un nivel, acabamos asignados á Barola. Este barco é un bote da Ría e para nós ten un valor especial posto que pertence ao noso mestre nisto da navegación tradicional. De medidas similares ao Peixiño, tamén comparte a manobra choqueira polo que se fai cómodo de gobernar.

Nun primeiro intre probamos a saír de Bouzas, pero efectivamente os prognósticos acertaran e facía un vento tremendo. Mesmo os grandes acabaron por regresar a terra!
Optamos entón por converter en particular circuíto de adestramento o espazo entre as Madorniñas e o paseo. O mestre decidiu que era un bo día para practicar a virada en redondo e demostrar que non é necesario ter moito espazo.

Xa levabamos unhas cantas achegas audaces (pero sen risco) cando nos deu novas instrucións: E nestas que o mastro da Barola dixo “basta”. Sen previo aviso e case disimuladamente deu e partir pola base e caer coa vela no mar, deixando nada máis que un muñón de madeira tronzada sobresaíndo da cuberta. Axiña subimos todo a bordo e puxemos o motor coa proa de novo cara Bouzas, coas ondas e o vento batendo en nós.

Navegamos noutros mares

Domingo, 14 Agosto 2016, por marineros bouzas

Despois de navegar polos mares de Bueu, onde non fixemos fotos, é participar no desembarco pirata na praia de Bouzas, puxemos rumbo a Moaña para dende o mar estar presentes na sua botadura.

Pero este fin de semana tocounos navegar pola enseada de Moaña con un vento tranquilo e portante que nos deixou desfrutar do entorno.

Fixemos a ofrenda

Martes, 9 Agosto 2016, por marineros bouzas

Como cada ano fixemos a ofrenda, cumprindo o compromiso dos socios de participar na procesión.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad