Arquivo para Septiembre 2016

Chegamos a Euskadi

Jueves, 29 Septiembre 2016, por marineros bouzas

Culturmar (FGCMF) Organizou unha expedición a Errenteria e Pasaia, onde desprazou seis embarcacións e unha completa exposición, ali andivemos os mariñeiros de Bouzas dende o pasado 22 ao 25. Dentro do festival de Atlantikaldía, alén doutras manifestacións Culturais como as musicais, o festival conta tamén cun espazo dedicado ás embarcacións tradicionais que xestiona a asociación vasca Albaola.

Asemade, Albaola, ao abeiro de dito festival, participou na organización do 9º Congreso da asociación European Maritime Heritage. Culturmar pertence a este importante organismo, asi que ademais de amosar aos nosos compañeiros de Europa a diversidade de embarcacións de pequeno porte que ten Galicia, a expedición tamén promocionou o XIII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS que se vai realizar en Combarro o no 2017.

Finalmente, contactouse tamén coa asociación galega de Trintxerpe Fato Daniel Castelao, poboación que é considerada a quinta provincia galega, moi vinculada á actividades pesqueira que noutrora tivo Pasaia. E aproveitamos para visitar o estaleiro de Albaola onde están a construír unha replica do baleeiro San Juan, afundido na costa Canadense.

Nosa cita anual con Combarro

Viernes, 2 Septiembre 2016, por marineros bouzas

Son moitos os anos que levamos acudindo a Combarro (Poio) a participar na concentración que organizan os compañeiros da Reiboa.

Este ano levamos tres barcos por mar e dous por terra, a singradura de Bouzas a Combarro foi tranquila e pracenteira, as navegacións polos mares de Combarro sen novidade, inda que se suspendeu a “regata da pamplina” por demasiado vento. A pesar diso a flota colleu rizos a saíu a navegar nunha tarde que permitiu moi boas sensacións cos barcos escorados navegando de través.

A volta si que foi mais complicada, xa fora da Ria de Pontevedra con todos rizos collidos houbo que baixar a trinqueta porque o vento e o mar ian en aumento e o saír do abrigo de Ons foi onde percibimos o arume mariño, e sentimos os salseiros que o mar bravo nos metía a bordo dos barcos. Lamentamos non ter fotos desa singradura, que son das que quedan pra recordar.

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad