Chegamos a Euskadi

Culturmar (FGCMF) Organizou unha expedición a Errenteria e Pasaia, onde desprazou seis embarcacións e unha completa exposición, ali andivemos os mariñeiros de Bouzas dende o pasado 22 ao 25. Dentro do festival de Atlantikaldía, alén doutras manifestacións Culturais como as musicais, o festival conta tamén cun espazo dedicado ás embarcacións tradicionais que xestiona a asociación vasca Albaola.

Asemade, Albaola, ao abeiro de dito festival, participou na organización do 9º Congreso da asociación European Maritime Heritage. Culturmar pertence a este importante organismo, asi que ademais de amosar aos nosos compañeiros de Europa a diversidade de embarcacións de pequeno porte que ten Galicia, a expedición tamén promocionou o XIII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS que se vai realizar en Combarro o no 2017.

Finalmente, contactouse tamén coa asociación galega de Trintxerpe Fato Daniel Castelao, poboación que é considerada a quinta provincia galega, moi vinculada á actividades pesqueira que noutrora tivo Pasaia. E aproveitamos para visitar o estaleiro de Albaola onde están a construír unha replica do baleeiro San Juan, afundido na costa Canadense.


Unha resposta a “Chegamos a Euskadi”

  1. Grumete Peixiño dice:

    Qué orgullo e qué alegría ver a representación de Bouzas nese festival.

    E logo, as embarcacións dalí son moi distintas?

    Creo eu que a presencia galega en Trintxerpe non é suficientemente coñecida (polo menos eu non sabía nada) e este comentario fíxome investigar un pouco máis. Que galegos hai por todo o mundo xa o sabiamos, pero o grado de relevancia desta presencia pasa bastante desapercibido.

    As fotografías da construcción da réplica do baleeiro son impresionantes!

Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad