Taller sobre pesca recreativa

Os próximos días 11 e 12 de Novembro, vaise celebra en VIGO un “Taller sobre pesca recreativa no litoral Atlántico Ibérico“. Organizado por diversas entidades, entre elas Fedepemar (Federación Galega de Pesca Responsable) a cal pertence Mariñeiros de Bouzas.

Os obxectivos son coñecer de primeira man, as iniciativas de investigación, as xestións realizadas é as necesidades futuras. Premede no cartel para máis información.

 

 

 

Case que Arde Rande

Un ano mais puxemos proa a Rande para participar na III Festa de conmemoración da Batalla de Rande entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa. O combate naval librado en 1702 e o protagonista destas xornadas pasadas por auga, o que non permitiu o lucimento dos actos que este ano de seguro mellorarían con moito os anteriores. O despregue de 150 figurantes mais os barcos que con súas tripulación ian ser protagonistas principais ao achegar a terra os tesouros é os recadadores. Mais a constante chuvia non permitiu o desembarco.
Durante a maña houbo unha presentación dos grupos GALP (antigos GAC) sobre o tema “Novas oportunidades de emprendimento na costa galega”. E pechando o acto Víctor Fernández da directiva de CULTURMAR, fixo unha exposición de porque debemos conservar o Patrimonio Marítimo.