Un paso avante na historia da asociación

O 19 de Novembro de 2016, será unha data significativa para nosa asociación. Nesa data esta asociación deu un paso avante na sua historia. As 12,10 da maña co local ateigado de xente, autoridades, socios, colaboradores, e amigos, o presentador deu comenzo o acto, dando a benvida a tódolos asistentes.

Dicía que a nave que hoxe inauguramos aquí, seu principal uso vai ser, a garda e mantemento dos barcos tradicionais da Asociación. Expoñía nuns minutos, 21 anos de historia, dicindo que: ao abeiro do Recheo de Bouzas nos anos 90, e co proxecto de urbanización e humanización desta parte da Vila Boucense, onde había un cento de embarcacións artesanais e deportivas fondeadas na praia do Adro, os cambios, facían necesario unha nova reunificación.

Así un grupo de persoas se organizaron e o 23 de outubro de 1995 fundaron a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas, continuaba dicindo que, naceu con dous fins prioritarios, a ordenación dos amarres das embarcacións, e coa vocación de impulsar o coñecemento da cultura mariñeira galega e a defensa do Patrimonio Marítimo, tal como recollen seus estatutos.

Ao largo deses anos a asociación, desenvolveu numerosas actividades, gratuítas e abertas ao publico, que son desenvolvidas grazas ao labor do numeroso voluntariado, sexan socios ou simpatizantes, que de forma altruísta colabora con Mariñeiros de Bouzas. Deseguido se proxectou un pequeno Audiovisual de 10 minutos, onde votaba unha ollada á estela que á asociación foi deixando pola popa, nesta singular travesía.

O acabar a proxección, houbo unha mención a Luis Rei, finado hai un ano, destacado militante da Cultura Marítima de Galicia, (Director da Revista ARDENTÍA dende seus inicios) lendo unhas frases escritas por el fai uns anos.

O primeiro en tomar a palabra foi Moncho Vázquez, presidente da asociación, que comenzou dando a benvida as autoridades socios e colaboradores, agradecendo a continuación a labor das diferentes xuntas directivas que o longo dos anos mantiveron, animo e confianza para dar continuidade aos diferentes proxectos da asociación, comentou como nas imaxes do audiovisual podíase ver a traxectoria da asociación dun xeito moi resumido, e que a nave facilitaría as tarefas a desenvolver.

Na sua intervención, dicía que dende os primeiros tempos houbo diversas xestións encamiñadas a ter unha sede na que levar a cabo as labores da asociación, e destacaba o presidente que este proxecto se ven desenrolando dende hai 9 anos, que foi posible gracias os esforzos dos socios é o tesón das diferentes xuntas directivas. Que para levalo adiante non contamos co apoio económico de nadie, que se continuara cas actividades e que se aspira a organizar o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia a celebrar no ano 2019.

Aproveitando a presentación da presidenta da Deputación se fixo mención as necesidades do colectivo, do que entendemos tomou nota, asunto do que tamén se lle fixo mención o alcalde. Na intervención de ambos, expuxeron que na medida das posibilidades atenderían as solicitudes.


Unha resposta a “Un paso avante na historia da asociación”

  1. Carlos Cordero dice:

    Enhorabuena a toda la Junta Directiva, socios y colaboradores que participaron en la organización de la inauguración de la nueva sede de la Asociación, pues fue un acto entrañable para todos los que asistimos al evento, al ver la satisfacción de los presentes y la magnifica puesta en escena de la nueva nave.
    ¡¡¡Ahora solo falta conseguir los encuentros del 2019!!!

Deixa un comentario