Unha vez mais na TVG

Con algunha dubidas, aceptamos participar nun novo programa da TVG, a persoa que contactou con nos ten amigos entre os militantes da Cultura Marítima e iso fixo inclinar a balanza a botar unha man. O programa vaise chamar “Meus” e se empezara a emitir en febreiro. O programa vai de cousas da vida cotiá, e os faceres da asociación.

Como podedes ver, o remate do rodaxe, asomou por Cabo Home, un barco cargado de historia, a Fragata do zar Pedro I el Grande, barco construído a principios do século XVIII en 1702. A replica da foto foi construída entre os anos 1994 e 1999 cunha eslora de 34,5 metros.  A escuadra de Bouzas tivo que enfrontarse ao “shtandart”, e alo nos foimos os de Bouzas, con nosos barcos de faena a defender noso territorio do ataque dos invasores.


Deixa un comentario