Rematamos o ano cas xornadas do Patrimonio Marítimo

A recentemente inaugurada sede, acolleu por primeira vez as actividades culturais que ven desenvolvendo a asociación. O venres Tesouros Humáns Vivos. O sábado talleres, exposicións, visitas guiadas, manobras, navegacións e conferencias.

No taller de pesca, os protagonistas principais foron os nenos, quenes gozaron das ledicias de pescar en seco, e onde aprendían a identificar as especies e os distintos artes de pesca que se empregan nos nosos mares.

Non foron menos interesantes as exposicións, tanto a exposición adicada aos primeiros motores foraborda que chegaron a Galicia, coma a do “patrimonio do vento e do sal”, fixeron reflexionar os visitantes. Ao tempo houbo visitas guiadas e saídas a navegar. Con todo, os visitantes achegáronse un anaquiño as cousas dos mares de Galicia.


Unha resposta a “Rematamos o ano cas xornadas do Patrimonio Marítimo”

  1. Josefa Toner dice:

    Unha gran iniciativa para que as persoas teñan coñecemento desta forma de vida. O mar é un gran descoñecido para todos, mesmo para aqueles que cren que saben de ti. Artigos como estes deverian soportar na historia. Grazas.

Deixa un comentario