Novo programa na TVG que empezaran a poñelo en febreiro + – segun non contan, e de novo, fíchannos para o capitulo 11, non estabamos moi pola labor, pero dixémoslle que si, xa miraremos cando o poñan que tal quedou.
Archivo Anual: 2017
Visita dende as Illas Baleares
Visita dende as Illas Baleares, Unha delegación da, “Ass. Marítimo Cultural Eivissa i Formenter” importante asociación que traballa na conservación do Patrimonio Marítimo de Ibiza e sua veciña Formentera, visitounos para coñecer in-situ, noso pantalan de embarcacións tradicionais e o modelo de asociacionismo galego na defensa do noso patrimonio. A esta asociación pareceulles interesante o traballo feito en Galicia e especialmente o noso pantalan.
Agora mesmo están en negociacións cas administracións e viñeron ex proceso a coñecernos, para exportar noso modelo de organización, (As asociacións que formamos Culturmar) e nosas instalacións. Para saber mais deles buscar no facebook Reina del Mar Eivissa.
Novo concerto mariñeiro en Bouzas
O Sábado 18 de Novembro de 2017 as 20,00 Horas no IES-AUDIOVISUAIS de Bouzas, celebraremos unha nova edición do noso tradicional concerto de corais da canción mariñeira. As corais interpretaran, 5 ou 6 pezas e ao remate do evento todas xuntas interpretaran a Salve Mariñeira, unha peza de especial significado para os homes do mar.
Aberto a todos os colectivos e todas as persoas en xeral que desexen compartir eses momentos cas tres corais participante. Estades todos invitados a desfrutar do concerto.
Proa pra leste
Por cuarto ano consecutivo os barcos de Bouzas puxemos proa pra leste rumbo ao estreito, para conmemorar o aniversario da “Batalla de Rande” entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa, que tivo lugar o 23 de outubro de 1.702.
Fai 315 anos da famosa batalla. A pesar da enorme desigualdade de forzas, os tesouros que conseguiron ingleses e holandeses non foron tan importantes, posto que os españois xa retiraran a maior parte da carga.
Mentres que noutros lugares ao redor de calquera cousa montan unha parafernalia, que da lugar a que miles de persoas visiten ese acontecemento, en Galicia inda non aprendemos a vender o noso peixe “que é o mellor do mundo” Asi este ano os organizadores, a Asociación Cultural de Rande capitaneada por Juan Comesaña, tivo que facer briguerias para poder celebrar tamaño acontecemento, que por falta de presuposto estivo a piques de non poderse celebrarse.
Podedes ver nosa participación grazas as fotos que nos mandaron os colegas entre eles Marta Estevez que andaba por ali é nos regalou unha boa colección.
A voltas ca pesca recreativa
FEDEPEMAR (Federación Galega de Pesca responsable) puxo en marcha unha ronda de reunións cas asociacións que pertencen ao colectivo. Nos comunica nestas reunións que o proxecto do novo decreto sobre a pesca recreativa, poida que nos limite aínda mais aos pescadores recreativos. Nestas reunións nos transmite como se esta elaborando ese decreto, ao tempo que nos solicita nosas opinións o respecto, co obxectivo de podelas plasmar na medida do posible as administracións responsables.