Arquivo para Enero 2017

Novo decreto para pesca recreativa

Jueves, 26 Enero 2017, por marineros bouzas

Na asemblea de FEDPEMAR que este ano celebrouse o pasado día 22 de xaneiro, en Ribadeo,  ademais dos asuntos habituais, tivo especial relevancia o novo decreto para a pesca recreativa.

No informe de xestión, destacouse o obradoiro  “I Taller sobre Pesca Recreativa no litoral Atalántico Ibérico”  que tivo lugar en Vigo durante os días 11 e 12 de novembro de 2016.

Coas conclusións dese traballo vaise elaborar un libro que se lle fará chegar a todas asociacións. A Xunta Directiva de FEDPEMAR trasladou os puntos principais de dito estudo a Conselleira do Mar, que en principio os recibiu de forma positiva. Podedes ler as conclusións do obradoiro neste PDF.

Haberá que estar atentos ós resultados do “Consello Galego da Pesca” que se vai celebrar en menos de un mes, onde se vai aprobar o decreto, no que se regulara a pesca recreativa en augas de Galicia, a norma abordará aspectos de seguridade, de control de artes, de limites, ou distancias que deben gardarse con respecto a outras actividades.

pemar1

 

 

 

Arrancamos

Viernes, 20 Enero 2017, por marineros bouzas

Arranca o Sector Naval de Vigo. Estaleiros Freire, nestes intres ten a probas o “Bap Carrasco” de 95 metros de eslora, un barco de Investigación Oceanográfica para a Marina de Guerra do Perú.

Tamén ten no mar o “Bima Suci” un buque escola de 110 metros de eslora, para a Armada de Indonesia. O veleiro bergantín levara 3.350 metros cadrados de velame, cun aparello tipo Bricbarca. O pau maior do veleiro, (que tedes nas fotos) mide 55 metros. Nos imos estar atentos as probas por si acaso encargamos un igual.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad