Novo decreto para pesca recreativa

Na asemblea de FEDPEMAR que este ano celebrouse o pasado día 22 de xaneiro, en Ribadeo,  ademais dos asuntos habituais, tivo especial relevancia o novo decreto para a pesca recreativa.

No informe de xestión, destacouse o obradoiro  “I Taller sobre Pesca Recreativa no litoral Atalántico Ibérico”  que tivo lugar en Vigo durante os días 11 e 12 de novembro de 2016.

Coas conclusións dese traballo vaise elaborar un libro que se lle fará chegar a todas asociacións. A Xunta Directiva de FEDPEMAR trasladou os puntos principais de dito estudo a Conselleira do Mar, que en principio os recibiu de forma positiva. Podedes ler as conclusións do obradoiro neste PDF.

Haberá que estar atentos ós resultados do “Consello Galego da Pesca” que se vai celebrar en menos de un mes, onde se vai aprobar o decreto, no que se regulara a pesca recreativa en augas de Galicia, a norma abordará aspectos de seguridade, de control de artes, de limites, ou distancias que deben gardarse con respecto a outras actividades.

pemar1

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *