Arquivo para febrero 2017

Imos dar avante

Sábado, 18 febrero 2017, por Corso

O próximo mércores, arrincamos ca actividade de iniciación á navegación e conservación das embarcacións tradicionais. Os que navegáchedes con nós en anos anteriores, xa nos oíchedes comentar que o obxectivo das navegacións era poñer en valor os barcos que antes se utilizaban para faenar. Agora a estes barcos, nós lle damos outros usos co fin de conservalos porque forman parte de noso Patrimonio Marítimo.

Para falar destes asuntos e organizarnos, CONVOCÁMOSVOS para o mércores 22 de febreiro ás 19 horas na nova chabola.

Pensando que algúns non poidan chegar ata mais tarde, das 19 ás 20 horas imos ver o vídeo do último Encontro, que foi en Cabo de Cruz (Boiro), despois falaremos do que imos facer este ano. Si coñecedes algunha persoa que queira participar no mantemento e conservación das embarcacións tradicionais, así como aprender a navegar nelas, podedes invitala a esa reunión.