Arquivo para Julio 2017

A remontada dos rios Ulla e Sar

Miércoles, 26 Julio 2017, por marineros bouzas

Co titulo de “Que inchadiña Branca vela” volveuse a celebrar, unha Fermosa xornada de navegación polos rio Ulla primeiro e Sar, ata arribar ao espolon de Padrón. Onte, 24 de xullo 2017, as xentes do mar que se preocupan polo Patrimonio Marítimo e Fluvial, honramos a memoria da gran poetisa, recordando o poema de Cantares Galegos editado en Vigo o 17 de Maio de 1863.

¡Que inchadiña branca vela!  ¡antre os millos corre soa!  ¡misteriosa pura estrela!  Dille o vento en torno dela:  ¡Palomiña, ¡voa voa!

A composición na que a autora padronesa describe o paso dos barcos a vela rio arriba, o que noutros tempos era frecuente. Esa marabillosa estampa, volveuse a ver o pasado luns. Dornas, choupans, gamelas e un carocho do rio Miño, patroneado polos Mariñeiros de Bouzas, rendémoslle homenaxe, unha vez mais, a Rosalía.

Os barcos no Carme

Domingo, 23 Julio 2017, por marineros bouzas

Os tradicionais tamén foron a procesión do Carme que cada ano se organiza en Bouzas. Asi, cumprimos o mandato de facer a ofrenda polos socios falecidos.

Moito calor

Sábado, 22 Julio 2017, por marineros bouzas

Cun calor ao cal non estamos acostumados celebramos a Regata de Faluchos, a vantaxe só foi pos que envorcaron que desa maneira se refrescaron.

Nosa cita co XIII ENCONTRO

Domingo, 9 Julio 2017, por marineros bouzas

Nosa cita co XIII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA. Coma sempre gozamos desta festa do mar que homenaxea a noso patrimonio, nosas xentes e a nos mesmos por conservar e socializar estes barcos. Este ano botamos de menos algúns barcos dos históricos que cita tras cita sempre están presentes.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad