A remontada dos rios Ulla e Sar

Co titulo de “Que inchadiña Branca vela” volveuse a celebrar, unha Fermosa xornada de navegación polos rio Ulla primeiro e Sar, ata arribar ao espolon de Padrón. Onte, 24 de xullo 2017, as xentes do mar que se preocupan polo Patrimonio Marítimo e Fluvial, honramos a memoria da gran poetisa, recordando o poema de Cantares Galegos editado en Vigo o 17 de Maio de 1863.

¡Que inchadiña branca vela!  ¡antre os millos corre soa!  ¡misteriosa pura estrela!  Dille o vento en torno dela:  ¡Palomiña, ¡voa voa!

A composición na que a autora padronesa describe o paso dos barcos a vela rio arriba, o que noutros tempos era frecuente. Esa marabillosa estampa, volveuse a ver o pasado luns. Dornas, choupans, gamelas e un carocho do rio Miño, patroneado polos Mariñeiros de Bouzas, rendémoslle homenaxe, unha vez mais, a Rosalía.


Deixa un comentario