Arquivo para Agosto 2017

A xuntanza de Combarro

Martes, 29 Agosto 2017, por marineros bouzas

Nunca faltamos a esta cita, o encanto do pobo nos atrae e nos gusta navegar no seu mar, asi que despois da cita de Xullo, recuncamos en Agosto.

 

Xornada reivindicativa na xuntanza de Moaña

Martes, 15 Agosto 2017, por marineros bouzas

Sin estar no programa, a navegación da tarde do sábado 12 de agosto de 2017, sin dubida será recordada como unha xornada de reivindicación na defensa do Patrimonio Marítimo, os patróns dos barcos e súas tripulacións, aproveitando a preamar fixeron unha concentración diante dos estaleiros. Izaron as velas, é fixeron soar os “apupos” en sinal de repulsa polo incendio provocado no estaleiro de Casqueiro. O acabar o acto os aplausos das tripulacións e o publico, fundíronse nun clamor de reclamación de que a beiramar e de todos e non só, dos especuladores.

Polos mares de Bueu

Miércoles, 2 Agosto 2017, por marineros bouzas

Mentres que a navegación rumbo a Bueu obrigounos a poñer as roupas de augas, unha vez ali desfrutamos dun tempo excelente para navegar, un vento tranquilo e constante que fixo as delicias dos que tripulabamos barcos.
Os tripulantes dicían valeu a pena mollarse e aguantar os baldrascos da costa da vela para desfrutar das navegacións, dos agarimos con que nos homenaxearon “Os Galos” de Bueu, é da enxebre e marabillosa comida, que cun pan espectacular as sardiñas postas enriba del, inda se encargaron de melloralo, non foi menos importante o lugar onde comemos, rodeados de madeira para cubrir as cadernas do barco que tiñamos a noso carón, que pronto veremos no mar.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad