Hoxe partiu un veleiro

Hoxe partiu de Vigo rumbo a Surabaya (indonesia) un veleiro bergantín dos que gustaba noso mellor poeta do mar o ilustre Manuel Antonio.

Con 111,2 metros de eslora total, 13,65 de manga, 5,95 de calado e un mastro de 49 metros de altura O “Bima Suci” feito en estaleiros Freire, este barco con estas dimensións, convertese, no veleiro de mais envergadura construído na historia do Sector Naval de Vigo.

Este magnifico barco, que nas probas de mar, mentres que navegando a motor non chegou aos 12 nudos, a vela pasou dos 13, é que con bo vento esta previsto que chegue ou inda supere os 15, botaremos de menos a marabillosa estampa deste barco nos peiraos de Bouzas.

 


Unha resposta a “Hoxe partiu un veleiro”

  1. Grumete Peixiño dice:

    A verdade é que polo menos dende terra (dende o coche normalmente) a estampa era impagable.

    Mágoa non telo visitado por dentro, pero ben se ve nas fotos que quen subíu disfrutouno de verdade.

    E hai que recoñecer que a última foto é dunha beleza sobrecolledora.

Deixa un comentario