Proa pra leste

Por cuarto ano consecutivo os barcos de Bouzas puxemos proa pra leste rumbo ao estreito, para conmemorar o aniversario da “Batalla de Rande” entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa, que tivo lugar o 23 de outubro de 1.702.
Fai 315 anos da famosa batalla. A pesar da enorme desigualdade de forzas, os tesouros que conseguiron ingleses e holandeses non foron tan importantes, posto que os españois xa retiraran a maior parte da carga.
Mentres que noutros lugares ao redor de calquera cousa montan unha parafernalia, que da lugar a que miles de persoas visiten ese acontecemento, en Galicia inda non aprendemos a vender o noso peixe “que é o mellor do mundo” Asi este ano os organizadores, a Asociación Cultural de Rande capitaneada por Juan Comesaña, tivo que facer briguerias para poder celebrar tamaño acontecemento, que por falta de presuposto estivo a piques de non poderse celebrarse.
Podedes ver nosa participación grazas as fotos que nos mandaron os colegas entre eles Marta Estevez que andaba por ali é nos regalou unha boa colección.

Un pensamiento en “Proa pra leste

  1. Moi bo traballo o que estades a facer dende a Asociación! Encantao de habervos coñecido e poder comezar a compartir con vos esas tardes de mercores no mar! Sodes estupendos! Como di Xurxo Souto.. ”Medre o mar!!!”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *