Arquivo para 2018

XX Concerto de Corais da Canción Mariñeira

Miércoles, 14 Noviembre 2018, por marineros bouzas

Sábado 17 de Novembro de 2018 as 20,00 Horas no IES-AUDIOVISUAIS de Bouzas, celebraremos unha nova edición do noso tradicional concerto de corais da canción mariñeira. As corais interpretaran, 5 ou 6 pezas e ao remate do evento todas xuntas interpretaran a Salve Mariñeira, unha peza de especial significado para os homes do mar.

cartel

Aberto a todos os colectivos e todas as persoas en xeral que desexen compartir eses momentos cas tres corais participantes. Estades todos invitados a desfrutar do concerto, e dende aquí, animámosvos a que veñades a escoitalas.

Xuxo souto, presentou a Chiruca Macallás

Lunes, 12 Noviembre 2018, por marineros bouzas

Con gran maestria e moito humor, Xurxo Souto Presentounos o pasado venres seu ultimo libro “A gran travesía de Chiruca Macallás” Unha novela inda sen rematar de ler por min, pero que fala do noso, do mundo do mar tal como o viviron os que en el andiveron, das cousas das que xa temos escoitado falar pro agora podemos ler.

Visita de mariñeiros/as xubilados

Domingo, 4 Noviembre 2018, por marineros bouzas

Titulo Visita de mariñeiros/as xubilados

O Centro de Dia de Maiores Atalaia de Teis, esta facendo un taller relacionado co mundo do mar, con tal motivo, organizaron unha visita a vila mariñeira de Bouzas, polo que  nos solicitaron unha visita guiada a noso Pantalan de Barcos Tradicionais, asi como a nave onde facemos o mantemento dos barcos.  A particularidade da visita, eo entusiasmo da terapeuta ocupacional Fatima, fixo que accederamos a visita con entusiasmo.

 

.

Rumbo a Rande a descargar os tesouros

Sábado, 27 Octubre 2018, por marineros bouzas

Un ano mais, mariñeiros de Bouzas, puxo rumbo a Rande, para rememorar o 316 aniversario da famosa Batalla de Rande. Este ano ampliaron a programación a tres días. Na representación principal, os barcos de Bouzas volveron a ser protagonistas, levando a terra aos actores principais, en premer lugar as mulleres que anunciaron que viñan os barcos, aos franceses, despois os tesouros que traian a bordo, mesmo houbo que cachear aos portadores que querían participar no festín, aos comendadores, e por ultimo aos ingleses. Pois hai andamos sempre metidos en faenas.

Os turcos atacan a bisbarra

Jueves, 18 Octubre 2018, por marineros bouzas

Os piratas berberiscos, que polo 1617 andaban as andadas, chegaron a Ria de Vigo e quixeron atacar Bouzas pero se atoparon ca resistencia dos mariñeiros que ca flota de faena os botaron fora. Polo que puxeron rumbo a Cangas, onde saquearon mataron e violaron, deixando ao pobo sen forzas. Cando marcharon, os nobres e terratenentes aproveitaron para esquilmar as viudas  e facerse cas súas terras, de ai foi cando Maria Soliña andaba de tristuras polo areal de Rodon, os caciques a tildaron de tola, para asi quitarlle as terras.

O pasado domingo 14, unha parte da flota de Bouzas, acudiu a Cangas, a unha representación dos feitos, levando os piratas ao desembarco para arrasar a vila e facer todo tipo de barrabasadas.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad