Arquivo para Febrero 2018

12.000 libros baixo dos mares

Sábado, 24 Febrero 2018, por marineros bouzas

O 18 de Febreiro de 1868 o submarino Nautilus visitou a Ria de Vigo para achegarse aos fondos da enseada de Rande, na procura do tesouro da Frota da Prata de 1702.

Según comentou Méndez Ferrín, no instituto Santa Irene de Vigo xa en 1966 xurdiu unha proposta de dedicar unha rúa de Vigo a Julio Verne. Agora con motivo do 150 aniversario, no mesmo instituto, catro catro institutos mais e diferentes bibliotecas aportan libros para unha biblioteca temporal ambulante co titulo de “12.000 libros baixo dos mares”

Por outra banda, para levar a cabo unha homenaxe ao autor universal Julio Verne, que no seu libro “20.000 leguas baixo dos mares” deu coñecer a Ria de Vigo en todo mundo, Mariñeiros de Bouzas, en colaboración co Instituto Santa Irene, levamos nas embarcacións tradicionais a un grupo de alumnos e profesores ata o pé das estatuas que están no fondo da ría a carón da illa de San Simón , e nesas andamos.

 

Futuros mariñeiros nos visitan

Lunes, 19 Febrero 2018, por marineros bouzas

Dende o CEIP FRIAN.TEIS, interesáronse polo noso traballo, en pro da conservación dos barcos tradicionais, polo que, esta maña, alumnos do mencionado centro, nos visitaron. Ademais de aprender sobre os barcos que están a flote, como xa empezamos cos traballos de conservación, na nave, puideron comprobar como cheira o alquitran vexetal de pino de Albacete. Protector dos barcos que usaban os mariñeiros dende séculos atrás, e que nos seguimos empregando.

 

Novo traballo do colexio Alborada

Miércoles, 7 Febrero 2018, por marineros bouzas

Novo traballo do colexio Plurilingüe Alborada. Que o presentaran primeiro en varias feiras de ciencias, e no mes de maio, farán sua presentación. Tratase de estudar como actúan os depredadores do mexillón.

A importancia de estudar como actúan os depredadores do mexillón é importante para a nosa economía. Este gasterópodo é o mais importante predador do bivalvo que actúa na costa. Coñecer o seu comportamento e ademais si pode actuar sobre o mexillón encordado nas bateas é o obxectivo do noso traballo.
Facemos un estudo na zona de Nerga, de Cabo de Mar e no pantalán da Asociación de Mariñeiros de Bouzas onde fondeamos dispositivos para comprobar o perigo que pode ter a depredación sobre o mexillón en corda.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad