O 18 de Febreiro de 1868 o submarino Nautilus visitou a Ria de Vigo para achegarse aos fondos da enseada de Rande, na procura do tesouro da Frota da Prata de 1702.
Según comentou Méndez Ferrín, no instituto Santa Irene de Vigo xa en 1966 xurdiu unha proposta de dedicar unha rúa de Vigo a Julio Verne. Agora con motivo do 150 aniversario, no mesmo instituto, catro catro institutos mais e diferentes bibliotecas aportan libros para unha biblioteca temporal ambulante co titulo de “12.000 libros baixo dos mares”
Por outra banda, para levar a cabo unha homenaxe ao autor universal Julio Verne, que no seu libro “20.000 leguas baixo dos mares” deu coñecer a Ria de Vigo en todo mundo, Mariñeiros de Bouzas, en colaboración co Instituto Santa Irene, levamos nas embarcacións tradicionais a un grupo de alumnos e profesores ata o pé das estatuas que están no fondo da ría a carón da illa de San Simón , e nesas andamos.