Arquivo para Mayo 2018

Navegando por Pasaia

Domingo, 27 Mayo 2018, por marineros bouzas

Mariñeiros de Bouzas, participou no I FESTIVAL MARÍTIMO DE PASAIA, desenrolado entre os días 17 ao 21 de Maio 2018. Co titulo de un patrimonio a descubrir, un patrimonio a salvagardar, CULTURMAR invitada de honra representando a Galicia, fixo un amplo despegue, cunha village, onde xunto cas distintas tipoloxías de barcos desprazados, se mostraba unha parte do rico Patrimonio Marítimo Galego, zoqueiros, palilleiras, redeiras, musica, en un obradoiro de carpintería de ribeira, foi a mostra que milleiros de bascos, franceses, e de outros moitos lugares puideron coñecer.
Pero especial entusiasmo, mostraron os moitisimos galegos de Trintxerpe, localidade coñecida como a 5º provincia. Foi moi gratificante navegar pola fermosa ria de Pasaia, e camiñar por súas mariñeiras rúas.

Visita de Alemáns

Sábado, 26 Mayo 2018, por marineros bouzas

Nova visita a noso museo pantalan de barcos tradicionais, nesta ocasión visitounos un grupo de alemáns e vigueses, comisionados ca area de normalización lingüística do concello, que viñeron a estes lares, pra decatarse das falas e costumes dos galegos.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad