No mar de Esposende

Mariñeiros Bouzas unha vez mais participou na xuntanza de Esposende, na que este ano houbo unha representación escasa de barcos galegos. Na maña do sábado, debido a marea, é, que alguén cortou os grandes sacos de area que que estaban para conter o espallamento da mesma, isto, fixo que creceran os lombos do rio o que fai imposible a navegación con pouca marea. Xa pola tarde navegouse moi ben. No apartado de conferencias que se prolongaron ata a madrugada, houbo ampla intervención galega. O presidente de CULTURMAR Manolo Sendón, Pablo Carrera e a Asociación Piueiro da A Guarda que expuxo o proxecto de encontro a celebrar no 2019, fixeron que a pouca presencia de barcos galegos quedara amortecida.


Deixa un comentario