Arquivo para Julio 2018

A regata dos faros

Martes, 24 Julio 2018, por marineros bouzas

Dornas polbeiras de todos os mares galegos, con destacada presenza da Ria de Arousa, déronse cita para medir as habilidades mariñeiras das súas tripulacións. Das vinte e seis embarcacións que zarparon ao toque da bucina, vinte e catro lograron completar o percorrido marcado. Entre elas a Madorniña, da Asociación de Mariñeiros de Bouzas que logrou un digno oitavo posto a pesar de ser gobernada por dous navegantes novatos. A escola de navegación tradicional de Bouzas semella que vai dando os seus froitos e a Madorniña promete dar guerra en próximas citas dorneiras.

A regata decorreu nun ambiente festivo e fraternal, con condicións meteorolóxicas óptimas para poñer a proba as habilidades dos participantes. Un vento moderado con refachos ocasionais e a mar de vento comezando a formarse acompañaron todo o traxecto. As polbeiras, con todo o trapo izado, tiveron que sortear bateas, bolinar ao límite para remontar varias millas a barlovento e escorregar polas ondas co vento en popa cerrada.

O Carme en Bouzas

Sábado, 21 Julio 2018, por marineros bouzas

A procesión do Carme que se celebra en Bouzas cada luns das festas, este ano coincidiu co dia 16 de Xullo data na que se leva a cabo a procesión na maioría das localidades galegas. Pois os barcos tradicionais de Bouzas, coma sempre, tamén estiveron na cita.

Estreamos faluchos

Viernes, 20 Julio 2018, por marineros bouzas

Este ano unha nova xeración de faluchos navegou na praia de Bouzas, noviños do trinque, recen pintados, rotulados cos seus vistosos números, fixeron as delicias dos participantes e publico.
Os faluchos ca axuda de distintos colaboradores, sua construción foi levada a cabo principalmente e dirixida por Mariano Vilar, que outro ano mais volveu a ser o protagonista principal da regata mais esperada, a dos veteranos. Nesta regata Mariano impoñéndose a competidores 20 anos mais xoves volveu a quedar en premer lugar. Un urra por Marinano.

Volvemos ao homenaxe a Rosalía

Martes, 17 Julio 2018, por marineros bouzas

Mariñeiros de Bouzas, volveu a estar navegando polos rios arriba para participar na homenaxe a Rosalía, este ano, nosa gamela curuxeira “A Marosa” foi o barco que fixo os honores a autora de Cantares Galegos, publicado en Vigo en 1863.

 

Boas pescas

Martes, 10 Julio 2018, por marineros bouzas

Moi boa pesca, nesta edición especial do “Concurso de Pesca Infantil 2018” O Concurso que celebramos o pasado sábado, cunha importante participación de pescadores, este ano gozou dunha pesca de distintas especies, o que non soe ser habitual e fixo as delicias dos pescadores.
Gracias ao patrocinio de Gasóleos Amigo, Efectos Navais Jesús Betanzos, Shimano, e Rapala, foi posible o que todos os participantes levaran premio.

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad