Arquivo para Julio 2018

Carenado dos barcos

Domingo, 1 Julio 2018, por Corso

Este ano volvemos a comenzar as clases de iniciación a navegación por manobras de mantemento dos barcos. Primeiro arranchamento dos barcos e despois as navegacións.
Os traballos de carenado están moi avanzados, pero inda sen rematar. Este ano tocoulle ao “Illa de Toraia” e a “Marosa” un mantemento completo, os demais barcos, fregado rasqueteado, lixado, algunha pequena reparación, chapapotes, lasures e pinturas.