Arquivo para Agosto 2018

Navegamos nos mares de Combarro

Miércoles, 29 Agosto 2018, por marineros bouzas

Como cada ano, navegamos nos mares de Combarro. Rumbo a vila dos hórreos, é sin que estivera previsto nos atopamos cunha néboa que non mirábamos mais ala dos 150metros, cando chegamos a Illa de Tambo empezouse a notar unha brisa e a disiparse un pouco a néboa que nos acompañou durante toda a travesía.

Este ano volveuse a suspender a “regata da Pamplina” por moito vento, (segun normativa). Pero os barcos baixo a sua responsabilidade con rizos collidos saíron a navegar e desfrutaron deses ventos.  A volta, tirando de motor ata remontar Cabo Udra, onde xa subimos velas e navegamos ata Bouzas nunha travesía, ben bonita, onde por veces os salseiros embarcaban e mollaban as tripulacións, ao tempo que os golfiños nos acompañaron e se nos cruzaron por debaixo da quilla facendo as delicias da tripulación.

A regata do Vao

Miércoles, 15 Agosto 2018, por marineros bouzas

Ademais de bos regatistas, tamén son bos cronistas, os dorneiros Hixinio e Alberte, que este ano non puideron ir a Xuntanza de Moaña por coincidir ca regata do Vao, fixeron un moi digno posto na regata como asi no lo comentan nas liñas que temos debaixo.

A Illa de Arousa foi o escenario un ano máis da célebre Regata do Vao, organizada pola ACD Dorna e famosa pola sua espectacular saída coas dornas varadas na praia e sen aparellar. Vinte e unha embarcacións acudiron á cita e puideron desfrutar do mar calma e o vento suave que acompañou toda a proba. Entre as tripulacións que botaron a correr vela en man pola praia abaixo ao toque da bucina, encontrábase a da Madorniña, da Asociación de Mariñeiros de Bouzas. A pesar de ter sucumbido ao caos da complexa saída, perdendo uns minutos valiosos, a nosa dorna conseguiu gañar varias posicións e, finalmente, varar de volta na praia en duodécima posición.

Andando ao mar en Moaña

Lunes, 13 Agosto 2018, por marineros bouzas

Coma sempre, navegamos polos mares de Moaña. Mentres que unha dorna acudía a participar na regata do Vao da Arousa, unha flota de seis barcos de Bouzas, navegou ata o Porto do Con, para participar na Xuntanza de Embarcacións Tradicionais, que organizan nosos compañeiros da Asociación Sueste.
Pola maña sin apenas vento, pouco puidemos navegar, pero a tarde refrescou, é o vento portante e continuo permitiunos este ano, que a flota dos tradicionais desfrutaran dunha xornada extraordinaria, pudendo facer unhas navegadas ben bonitas de bolina, de través ou aun largo. Andivemos dende o peirao da Mosqueira ata a enseada do Cocho, ou a Punta do Arroas, ou mesmo a bolinar por entra as bateas pra dar volta preto da Illa Cabrón, ao pe do monte da Guía.

A Xuntanza de Bueu

Miércoles, 1 Agosto 2018, por marineros bouzas

O clásico de Bueu, Unha xuntanza a que Bouzas non falla nin con forza cinco na costa da vela, que foi o vento que tivemos a volta, e co mar de través. Esa surada fíxonos bailar un pouco de mais, pero ao final felices de ter participado, e agradecidos a voisima acollida que nos fixeron os compañeiros dos Galos.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad