Arquivo para Septiembre 2018

Regata Porto Meloxo

Miércoles, 26 Septiembre 2018, por marineros bouzas

Vinte e unha dornas vararon a popa na area de Porto Meloxo o pasado sábado 22 convocadas polos Amigos da Dorna Meca. Entre as primeiras en conseguir armar o leme e escapar do barullo inicial a golpe de vara de portar e bolinando a rabiar, encontrábase a Madorniña, da Asociación de Mariñeiros de Bouzas. A pesar das boas predicións de vento, unha encalmada monumental esperaba ás tripulacións entre as bateas, à saída da área da enseada. Case dúas horas despois do toque da bucina de saída, conseguiu a nosa polbeira superar a primeira virada, a dúas millas do punto de partida. A partir dese punto, un ventiño leve permitiu acabar a regata antes de caer a noite.

Finalmente, a Madorniña cruzou a meta en quinta posición, batendo novamente a marca persoal da tripulación.

Importante Simposio sobre a Pesca Recreativa

Lunes, 17 Septiembre 2018, por marineros bouzas

Enmarcado no proxecto SICORE os pasados, venres e sábado, 14 e 15 de setembro de 2018, celebrouse no incomparable marco do Museo do Mar de Galiza o
 “I Simposio Internacional sobre Pesca Marítima recreativa ISMAREF 2018”  Unha iniciativa impulsada por un amplo consorcio e liderada pola universidade de Compostela a través do programa PlEAMAR. Esta iniciativa, contou coa participación moi activa de FEDEPEMAR, socio e organizador da loxística. Este importante evento, con un amplo programa, que podedes ver no cartel, e un paso mais na procura de que os pescadores recreativos, poidamos no futuro estar nos lugares onde con voz e voto, presentemos propostas en defensa da Pesca Recreativa Responsable.  

As administracións xa saben das importantes cantidades de diñeiro que se moven en torno aos negocios da pesca recreativa, polo que esperamos que teñan en conta as propostas do colectivo. A Asociación Mariñeiros de Bouzas, que  pertence ao colectivo de Fedepemar, tamén participou neste importante congreso, no que, se persigue, intentar presentar as administracións que a pesca recreativa responsable, extractiva e perfectamente sostible, polo que vaise reivindicar que se poida pescar nos mesmos mares que pescan os profesionais.

XIX Concurso de pesca dende embarcación

Domingo, 16 Septiembre 2018, por marineros bouzas

O pasado sábado 9 Organizamos o XIX Concurso de Pesca dende Embarcación en modalidade libre. Esta competición esta aberta a todos aqueles que queiran participar e cumpran as normativas do concurso. Este ano, con menos peixe que anos pasados. Inda asi o día estivo moi animado e coma sempre despois da entrega de premios, a fritada e a musica, fixo que os pescadores pasaran unha boa xornada.

 

A Madorniña na Regata do Camping Miame

Martes, 11 Septiembre 2018, por marineros bouzas

Calma podre na boia de saída da última edición da regata de dornas á vela que cada ano organiza o Camping Miami Playa en colaboración cos Amigos da Dorna Meca.  Os participantes máis impacientes aproveitaron a espera polos ventos para darse un baño, mentres crecía a preocupación pola posibilidade de suspensión da proba. Finalmente, tras unha redución considerable do percorrido previsto e impulsadas a modiño pola mínima brisa que se levantou, as vinte dornas concentradas partiron do Porto de Pedras Negras.

Unha vez máis, a Madorniña (da nosa asociación), acudiu á convocatoria e entrou sétima posición.  A Nova Froiña, tamén de Bouzas xa veterana do circuíto dorneiro, conseguiu sobrepoñerse á encalmada e cruzar a liña de meta en duodécima posición.   


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad