Arquivo para Octubre 2018

Rumbo a Rande a descargar os tesouros

Sábado, 27 Octubre 2018, por marineros bouzas

Un ano mais, mariñeiros de Bouzas, puxo rumbo a Rande, para rememorar o 316 aniversario da famosa Batalla de Rande. Este ano ampliaron a programación a tres días. Na representación principal, os barcos de Bouzas volveron a ser protagonistas, levando a terra aos actores principais, en premer lugar as mulleres que anunciaron que viñan os barcos, aos franceses, despois os tesouros que traian a bordo, mesmo houbo que cachear aos portadores que querían participar no festín, aos comendadores, e por ultimo aos ingleses. Pois hai andamos sempre metidos en faenas.

Os turcos atacan a bisbarra

Jueves, 18 Octubre 2018, por marineros bouzas

Os piratas berberiscos, que polo 1617 andaban as andadas, chegaron a Ria de Vigo e quixeron atacar Bouzas pero se atoparon ca resistencia dos mariñeiros que ca flota de faena os botaron fora. Polo que puxeron rumbo a Cangas, onde saquearon mataron e violaron, deixando ao pobo sen forzas. Cando marcharon, os nobres e terratenentes aproveitaron para esquilmar as viudas  e facerse cas súas terras, de ai foi cando Maria Soliña andaba de tristuras polo areal de Rodon, os caciques a tildaron de tola, para asi quitarlle as terras.

O pasado domingo 14, unha parte da flota de Bouzas, acudiu a Cangas, a unha representación dos feitos, levando os piratas ao desembarco para arrasar a vila e facer todo tipo de barrabasadas.

A Regata do Marisco

Viernes, 12 Octubre 2018, por marineros bouzas

A tempada de regatas de dornas a vela concluíu o pasado sábado 6 de outubro coa Regata do Marisco na vila de O Grove, coincidindo coa festa gastronómica do mesmo nome. Nesta ocasión a saída tivo lugar desde a praia de Confín, coas dornas varadas e a medio aparellar. Vinte e unha tripulacións saíron disparadas ao bucinazo aproveitando o vento fresco que acompañou toda a xornada, e que foi subindo progresivamente de intensidade. Foi unha tarde de espectaculares escoras, proeiros pendurados das drizas, velocidade e viradas extremas. Mesmo algúns pequenos incidentes sen consecuencias salientables, algún leme que quixo escapar das guías ou algún barco que se foi de orzada, aportaron tensión á cita.

A Madorniña, da Asociación de Mariñeiros de Bouzas, non podía perder este fin de festa e completou o percorrido entre bateas cruzando a liña de chegada en oitava posición. Cabe destacar o grande traballo da asociación organizadora, Amigos da Dorna Meca, que, facendo honra á denominación da regata, quixeron que os dorneiros congregados acabasen a tempada con bo sabor de boca, ofrecéndolles nada menos que nécoras e camaróns en abundancia para recuperar as forza.

Xornada para a historia de CULTURMAR

Martes, 9 Octubre 2018, por marineros bouzas

O 06 de outubro do 2018 xa é unha xornada para a historia de CULTURMAR. Movemento asociativo é de reivindicación da conservación do Patrimonio Marítimo Galego. A celebración dos 25 anos da FGCMF, foron unhas xornadas pra recordar.

O conseguir que no corazón de Galicia, a praza do Obradoiro, durante unha semana os barcos de traballo dos galegos, os barcos  cos que moitisimas familias se gañaron a vida, que eses barcos estivesen cas velas despregadas, ocupando unha superficie de 800 metros cadrados, esas embarcacións con todas as proas enfiladas ao mestre Mateo, mestre dos canteiros, para que dende seu lugar de honor poida ollar as obras mestras, dos mestres carpinteiros de ribeira galegos, foi unha homenaxe que dificilmente se poderá repetir.

25 ANOS NA SALVAGARDA, 25 anos da celebración do primeiro Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, da construción da lancha xeiteira Marina, esta efeméride na capital de Galicia onde carochos, gamelas, botes polbeiros, botes de Carril, botes de Ribadeo, botes de media construción, dornas polbeiras, dornas naseiras, dornas cordeeiras, dornas xeiteiras, bucetas, racús e outras tipoloxías do rico patrimonio galego. Pois se cabe esa mariña en seco, esa exposición, poida que, se acade un maior compromiso na salvagarda do patrimonio, porque o patrimonio e de todos, e a todos compete a súa salvagarda.

 

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad