XX Concerto de Corais da Canción Mariñeira

Sábado 17 de Novembro de 2018 as 20,00 Horas no IES-AUDIOVISUAIS de Bouzas, celebraremos unha nova edición do noso tradicional concerto de corais da canción mariñeira. As corais interpretaran, 5 ou 6 pezas e ao remate do evento todas xuntas interpretaran a Salve Mariñeira, unha peza de especial significado para os homes do mar.

cartel

Aberto a todos os colectivos e todas as persoas en xeral que desexen compartir eses momentos cas tres corais participantes. Estades todos invitados a desfrutar do concerto, e dende aquí, animámosvos a que veñades a escoitalas.


Deixa un comentario