Arquivo para 2019

Conversas do Mar no IIM

Sábado, 30 Noviembre 2019, por marineros bouzas

O Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC (IIM-CSIC) de Bouzas organizou, no marco do Proxecto Europeo MarRISK, a iniciativa Manifesto Atlántico.

O obxectivo do Manifesto Atlántico é difundir a mensaxe sobre a importancia da vida mariña e por que debemos protexer o nosos mares. Estas tarefas están encamiñadas a contribuír ó cumprimento, en 2030, do Obxectivo 14 dos 17 Obxectivos de Desenrolo Sostible da UNESCO. En particular, o Obxectivo 14 de Vida submariña está enfocado a “Conservar e utilizar de forma sostible os océanos, mares e recursos mariños para lograr o desenrolo sostible”.

Para darlle visibilidade a este proxecto organizaron, As Conversas do Mar do Manifesto Atlántico que, consisten en diálogos informais entre dous colaboradores con profesións relacionadas co mar e do ámbito da cultura, centradas en todo o que nos aporta o mar.
 
Neste contexto, solicitaron a colaboración de nosa asociación, para participar nunha das conversas, e coma case sempre, decidimos participar con dous membros da Asociación, e nesas andamos, ademais das fotos, o (IIM-CSIC) de Bouza, publicou vídeos que se poden ver na sua paxina.

XXI Concerto de Corais da Canción Mariñeira

Sábado, 9 Noviembre 2019, por marineros bouzas

O Sábado 16 de Novembro de 2019 as 20,00 Horas no IES-AUDOVISUAIS de Bouzas, celebraremos noso tradicional concerto de corais da canción mariñeira, que coma cada ano fará as delicias do publico asistente, coma sempre estades todos invitados a desfrutar do concerto.  Este concerto esta aberto a todos os colectivos e todas as persoas en xeral que desexen compartir eses momentos cas tres corais participantes.

cartel

Os barcos tradicionais de Bouzas volveron ao século XVIII

Viernes, 25 Octubre 2019, por marineros bouzas

Os barcos tradicionais de Bouzas volveron a participar no que e recoñecido como o maior desastre de batalla naval do século XVIII. Nestes días que expertos da famosa batalla cuestionan que o famoso pecio que se encontra a 98 metros de profundidade ao suroeste das Cíes non e, o emblemático “Santo Cristo de Maracaibo” si non o barco mais lexendario da batalla de Rande o “Nuestra Señora de los Remedios” que con 30 canóns eran xunto co “Santo Cristo de Maracaibo” os dous maiores barcos da flota ao mando de Manuel de Velasco.

A conmemoración da Batalla de Rande que este ano prometía ser unha edición importante estivo unha vez mais deslucida pola chuvia. Na navegación dende Bouzas a Rande non parou de chover con intensidade en toda travesía, o que fixo, que fose unha navegación moi incomoda.

Inda que contra o medio día, a chuvia deunos unha tregua importante, a hora do acto principal volveu a chover polo que os tesouros e os personaxes que o vixiaban, asi como os soldados que o custodiaban non puideron embarcar o que fixo que os actos principais tiveran que desenrolarse na carpa para protexerse da choiva o que impediu que os personaxes protagonistas, comendadores, pobo, e os exércitos non se viran chegar nos barcos, deslucindo esta conmemoración.   

Os barcos de Bouzas desembarcan aos berberiscos

Viernes, 18 Octubre 2019, por marineros bouzas

O pasado sábado, unha parte da flota de Bouzas, acudiu a Cangas, a unha representación dos feitos, do ano 1617, levando os piratas aos peiraos para arrasar a vila e facer todo tipo de barrabasadas.

O desembarco dos piratas  berberiscos, que polo 1617 desembarcaron en Cangas e atacaron a Vila, dirixíndose entre os ruídos da guerra cara onde o pobo agarda nas barricadas improvisadas para ofrecer resistencia ao saqueo, a defensa da vila non puido frear os saqueos e mortes de moitos dos seus habitantes, o que mais tarde aproveitaron os caciques para roubar as terras as viudas desamparadas.

Asi Mentres que as meigas danzan en aquelarre, os inquisidores Xuzgan a Maria  Soliña  baixo a gran cruz do sufrimento, quen acompañada doutras meigas recita o seu ultimo poema e cumpre sentencia.

 

A Madorniña de Bouzas, pecha a temporada ca regata do Marisco

Miércoles, 9 Octubre 2019, por marineros bouzas

Ca regata do marisco no Grove, pechase a tempada de regatas, nunha tarde na que a previsión de vento era case nula, pero que finalmente houbo abondo para poder desfrutar da competición. Nesta ocasión a Madorniña levou una tripulación mixta, con Carmen de proel, xa que Alberte non puido asistir.

A saída dende o pantalán e co vento de popa pechada, fixo que as dornas saíran de vagar e moi xuntas ata a primeira boia, na que os abordaxes foron continuos e incluso a Roxiña partiu un remo contra a Madorniña.

A partires de hai, e co vento de través, as dornas comezaron a posicionarse e xa se marcaron as diferenzas entre o grupo de cabeza e as demais, entre elas a Madorniña, que logo de botar una semana na chabola de Bouzas, metía auga coma una cesta, polo que foi preciso achicar varias veces o longo do percorrido.

O paso pola segunda boia, colocada entre bateas, foi menos accidentado pero con algún rifirrafe a causa das preferencias. Para alcanzar a terceira boia era preciso facer dous bordos, nos que xa quedou definido o podio, a falta da segunda volta. A Madorniña rematou no posto 13 de 17 dornas.  A gañadora foi a Jalerna, seguida da Fuxe en terceira posición quedou a Xarandeira.

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad