Arquivo para Enero 2019

Asemblea de Fedepemar

Jueves, 31 Enero 2019, por marineros bouzas

Asemblea xeral de FEDEPEMAR.  (Federación Galega de Pesca Responsable  Recreativa)  A que toca cada ano, ademais dos asuntos de sempre, compre destacar, o Informe do Simposio de pesca e por suposto o asunto da “Tasa de Actividades” que se quitaron da manga as administracións, xa levamos tempo intentando explicarlle a Autoridade Portuaria, que non procede baixo ningún concepto que nos teñamos que pagar unha taxa de actividades industriais si non temos ningunha actividade industrial. Non queda outra que acudir aos tribunais.

Visita ao “Pesca 1”

Domingo, 27 Enero 2019, por marineros bouzas

Esta moi ben comenzar o ano, cunha clase de Salvamento Marítimo, nesta ocasión tratouse dunha visita ao helicóptero Pesca 1, a nave de Gardacostas de Galicia.

Ademais de mostrarnos as características e funcionamento da nave, nos explicaron con moito detemento as distintas funcións da tripulación, a coordinación os materiais e como funcionan. Pois dende aquí aproveitamos para reiterarlle noso agradecemento ao rescatador que nos fixo posible a visita.

Nova “Xornada en Bouzas” cos asuntos da Pesca Recreativa

Viernes, 4 Enero 2019, por admin

Despois do importante simposio sobre a pesca marítima celebrado no Museo do Mar, nesta ocasión o motivo das xornadas divulgativas foi, en canto a promover o CÓDIGO DE BOAS PRÁCTICAS.

Estas xornadas, dentro do programa Pleamar, tamén se celebraron en Barcelona, Murcia, Donostia, Mallorca e Vigo. Nas xornadas se falou de cuidar o medio ambiente, cumprir as normativas e todo que se asocia ao comentado.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad