Arquivo para Mayo 2019

Concurso de pesca infantil

Sábado, 18 Mayo 2019, por marineros bouzas

Concurso de pesca infantil 2019. A idade dende os 6 aos 12 anos, a modalidade será pesca de corcheo sen morte. Os participantes deberan vir acompañados dun adulto responsable dos mesmos.  A zona de pesca vai ser no PANTALAN DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS. O cebo o proporciona a organización, para apuntarse podedes chamar por tf 986 24 70 62 entre as 09.45 e as 13,15 de luns a xoves a outras horas non e seguro que vos poidan atender, ou mellor pasar pola asociación a recoller as bases e xa vos apuntades. As inscricións tamén poderán ser, se hai prazas no mesmo día.

A FINALIDADE DESTA ACTIVIDADE, MAIS QUE PARA O PROPIO CONCURSO, ESTA ORIENTADA A ENSINAR OS NENOS O RESPECTO AO MEDIO AMBIENTE MARIÑO E A A VIDA ANIMAL, DEIXANDO EN SEGUNDO PLANO O NUMERO DE CAPTURAS QUE SE POIDAN CONSEGUIR, FOMENTANDO A PESCA RESPONSABLE.

O mantemento dos barcos

Sábado, 11 Mayo 2019, por marineros bouzas

Seguimos a traballar na reparación e mantemento dos barcos que segue seu camiño, mentres algúns xa levan un tempo listos e xa comenzaron a navegar outros inda pendentes dos remates finais e as dornas polbeiras inda pendentes de carenar. O bo tempo sempre anima a acelerar os traballos para empezar cas clásicas navegacións dos mércores que serven de adestramento para as travesías mais longas, como a que imos facer ata a Guarda xunto cos demais barcos que veñen de mais ao norte.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad