Arquivo para Junio 2019

Nova visita de Fundamar

Sábado, 29 Junio 2019, por marineros bouzas

A Fundación FUNDAMAR, que nun dos seus fins figura fomentar a cultura mariñeira, sigue organizando visitas guiadas ao mundo dos barcos, e da industria relacionada ca pesca. Neste contexto pareceulles interesante visitar noso pantalan de Embarcacións Tradicionais.
Asi que un grupo de persoas nos visitaron, pudendo coñecer noso traballo de cerca, as diferentes embarcacións galegas, as funcións que tiñan, eo importante que foi a introdución dun novo arte de pesca, na actividade pesqueira de principios do século xx. O paso da pesca do xeito ao cerco, o que supuxo un gran cambio na produtividade.

 

A aventura do “Naomhóig na Tinte”

Domingo, 9 Junio 2019, por marineros bouzas

A aventura do “Naomhóig na Tinte” Catro amigos Irlandeses decidiron facer o Camiño a Compostela por mar, é demostráronnos que case con calquera embarcación se pode facer unha ruta importante, so hai que ter paciencia e agardar a que o tempo sexa favorable, pois eles nun barco de 7 metros de eslora sen cuberta navegaron a remos dende Dublín a Compostela. A viaxe fixeronna en tres anos, do 2014 ao 2016 pero conseguiron rematala. Un ano mais tarde quixeron continuar a ruta pola costa galega que acabou cun accidente entrando no Rio Miño que lle custou a vida a un dos tripulantes.
O bote atopase no Museo do Mar, e dende Xuño a Outubro, os mesmos tripulantes van estar traballando na reconstrución do bote de cara a os visitantes, unha ocasión extraordinaria para contemplan un bote de coiro e sua reconstrución en directo. Os tres da dereita son os navegantes, na presentación do documental no Museo do Mar.

Arranchar os pantalans

Lunes, 3 Junio 2019, por marineros bouzas

Como todos os anos, o sábado 1 de Xuño celebraremos noso particular día do Medio Ambiente Mariño, os socios xa sabedes como funciona, contamos con todos vos.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad