Arquivo para Julio 2019

XIV Encontro na Guarda

Martes, 30 Julio 2019, por marineros bouzas

A novidade de navegar mais abaixo da Ria de Vigo, supoñía un novo reto para a frota tradicional que foi superado con sobresaínte, en parte grazas a organización do comboi, o cal era imprescindible para que algúns dos barcos puideran navegar.

O Comboi, que partindo do norte se reagrupou nas Illas Cíes, foi posible grazas as moitas xestións que se levaron a cabo. O que todos os barcos tradicionais puidesen fondear na praia de Rodas e que as tripulacións durmiran neste paraíso natural acapararon case tanto atractivo como o propio Encontro.

Neste XIV Encontro tamén chamou a atención o fondeo dos barcos, as características deste porto da Guarda fixo necesario que os barcos fondearan, particularidade que inda hoxe séguese a empregar na Guarda, pero que anos atrás era o mais habitual en calquera porto Galego. O que ao principio parecía un inconveniente, quedou superado polo excelente servizo de colaboradores lancheiros que embarcaban e desembarcaban as tripulacións e que merece moitos eloxios porque non podía ser mellor.

Desexamos que o paso do ENCONTRO por esta vila mariñeira, estimule os veciños da zona para que as asociacións crezan e sumen mais barcos mais mariñeiros e mais entusiastas do Patrimonio Marítimo.

Andivemos na Regata dos Faros

Lunes, 29 Julio 2019, por marineros bouzas

Inda que con atraso, para que se saiba, A Madorniña estivo regateando na Regata dos Faros, que este ano foi dura, só conseguiron acabar a regata 9 dornas por culpa do mal tempo, entre elas A Madorniña.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad