Arquivo para Agosto 2019

Concurso de Pesca 2019

Sábado, 31 Agosto 2019, por marineros bouzas

                                                                        

Estimados socios e non socios, como cada ano o próximo  SÁBADO 7 DE SETEMBRO DE 2019 organizamos o noso particular  XX CONCURSO DE PESCA DENDE EMBARCACIÓN EN MODALIDADE LIBRE.  Esta competición esta aberta a todos aqueles que queiran participar e cumpran as norma.

Dende aquí vos animamos a que vos inscribades.  No momento de inscribirse farase entrega das bases e normas que rexeran o concurso co cadro das puntuacións. Haberá importantes premios doados polos patrocinadores. Os veteranos xa sabedes que si hai peixe faremos unha fritada mariñeira PARA OS PARTICIPANTES NO CONCURSO

Seguindo as tradicións

Miércoles, 28 Agosto 2019, por marineros bouzas

Seguindo cas tradicións, mariñeiros Bouzas enfilou a proa de cinco barcos rumbo norte para participar na Xuntanza que cada ano fan os colegas da Asociación A Reiboa de Combarro, como saímos de maña, tivemos que parar a repoñer forzas na Illa de Ons, onde Pepe o do Checho nos informou que en setembro habería unha visita de barcos tradicionais a Illa.
Despois de comer puxemos rumbo leste ca intención dar velas e navegar co vento ata o pobo dos piornos a beira do mar, pero en vez de vento o que tivemos foi unha borralleira que non, nos deixaba mirarnos uns barcos aos outros.

Nas fotos, que poucas fixemos, podedes ver parte da flota de Bouzas navegando rumbo a Combarro, xa amarrados no pantalan e tamén poucas navegando, xa que na navegación do sábado a tarde que este ano estivo ben bonita, os de Bouzas non fixemos fotos.

Mais do pasado Encontro

Domingo, 18 Agosto 2019, por marineros bouzas

A Blogueira e viaxeira solitaria Luisa Vázquez, que o mesmo nos fala de Chile que das Illas Malvinas ou da India, xa estivera no Encontro de Cabo de Cruz do cal fixo unha entrada moi interesante.

Este verano volveu a desfrutar do Encontro, notase que lle gustan os barcos tradicionais porque estivo na Guarda, no pasado XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA e fixo un bonito reportaxe. Asi que si pinchades no enlace que tedes debaixo podedes velo.

Embarcaciones Tradicionales en A Guarda

Navegando pola enseada de Moaña

Viernes, 16 Agosto 2019, por marineros bouzas

Os barcos de Bouzas fieis a súas tradicións non faltaron a cita da Asociación Sueste, con nosa presencia apoiamos o que esta asociación defendeu e segue a defender, a conservación e rehabilitación das carpinterías de ribeira de Casqueiro e Calragho.
Mentres que a “Madorniña” participaba na regata da Volta a Illa de Arousa, A Oleira, A Falucheira, O Coruxo e O Peixiño acudiron o Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña, navegando pola enseada entre o Porto do Con e Punta Arroás, pasando perto da Illa de San Bartelomeu, do Porto de Meira e da Canteira do Cocho, desfrutando deste cacho de mar da nosa Ria.

A Volta a Arousa de dornas a vela

Lunes, 12 Agosto 2019, por marineros bouzas

Trinta e dúas dornas participaron na XXXV edición da Volta a Arousa o pasado 10 de Agosto. A mais célebre entre todas as regatas de dornas polbeiras contou co favor dos elementos; as chuvias da semana anterior cesaron oportunamente, dando paso a unha xornada de temperaturas agradables e, o mais importante, de ventiño moderado que guiou sen pausa ás polbeiras durante as case tres horas de singradura arredor da Illa.
Esta veterana regata destaca pola grande beleza da travesía, deixando na retina de público e tripulantes fermosas estampas melloradas pola presenza da frota dorneira. Mariñeiros Bouzas, que estaba participando na Xuntanza de Moaña,  enviou na sua representación “A Madorniña”, que nesta ocasión obtivo un modesto resultado cruzando a liña da chegada en vixésima posición.

 


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad