Bouzas rendeulle homenaxe a Rosalia

Este pasado sábado 3 de agosto, Mariñeiros Bouzas estivo presente na última edición do evento “Inchadiña branca vela”  no que cada ano os militantes da Cultura Marítima  réndenlle homenaxe  a Rosalía de Castro.

Por un dia, os barcos tradicionais abandonaron o salitre para remontar os rios Ulla e Sar desde Vilarello até Padrón; nunha singradura moi especial, animada por música e culminada por unha espectacular izada de velas no Espolón. Xa en terra, as tripulacións presentaron os seus respectos á nosa poeta universal, remo en man e baixo os acordes do Hino Galego.

Despois de deixar os remos ao pé da estatua de Rosalia, a xornada completouse con unha visita á exposición fotográfica instalada na Casa do Patín e uns petiscos no centro histórico da vila. Antes de caer a noite os barcos de Bouzas emprenderon o regreso rio abaixo a vela e remo, mentres que outros continuaron a celebración pospoñendo a volta ao dia seguinte.


Deixa un comentario


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad