Arquivo para Agosto 2019

Bouzas rendeulle homenaxe a Rosalia

Jueves, 8 Agosto 2019, por Corso

Este pasado sábado 3 de agosto, Mariñeiros Bouzas estivo presente na última edición do evento “Inchadiña branca vela”  no que cada ano os militantes da Cultura Marítima  réndenlle homenaxe  a Rosalía de Castro.

Por un dia, os barcos tradicionais abandonaron o salitre para remontar os rios Ulla e Sar desde Vilarello até Padrón; nunha singradura moi especial, animada por música e culminada por unha espectacular izada de velas no Espolón. Xa en terra, as tripulacións presentaron os seus respectos á nosa poeta universal, remo en man e baixo os acordes do Hino Galego.

Despois de deixar os remos ao pé da estatua de Rosalia, a xornada completouse con unha visita á exposición fotográfica instalada na Casa do Patín e uns petiscos no centro histórico da vila. Antes de caer a noite os barcos de Bouzas emprenderon o regreso rio abaixo a vela e remo, mentres que outros continuaron a celebración pospoñendo a volta ao dia seguinte.

Polos mares de Bueu

Martes, 6 Agosto 2019, por Corso

A pesar do mal tempo decidimos poñer as roupas de auga e arrancar rumbo a Bueu, a travesía con chuvia e vento non foi moi pracenteira, pero unha vez en Bueu, despois de saudar aos amigos e repoñer forzas primeiro na viuda e despois ca excelente comida que nos ofreceron Os Galos, volvemos ao mar xunto cos demais barcos a desfrutar da bonita enseada e seu entorno, e coma sempre valeu a pena ir a.

se vou a
Bueu nun bou

A procesión do Carme

Domingo, 4 Agosto 2019, por Corso

Os barcos tradicionais de Mariñeiros Bouzas, non faltaron a cita de cada ano pra render homenaxe aos socios falecidos. Andivemos na particular procesión do Carme, que en Bouzas se celebra os luns das festas.

Os faluchos protagonista das festas de Bouzas

Sábado, 3 Agosto 2019, por Corso

Un ano mais os faluchos seguen a ser os protagonistas das Festas de Bouzas, estas embarcacións tan humildes, feitas aproveitando os bidóns dos aceites, as madeiras que chegaban as praias masilla e puntas, non son exclusivas de Bouzas, pero si foi onde seu uso acadou maior repercusión, xa dende os anos 20 do século pasado e ata os 50 se mantiveron vivas as regatas.
Foi no ano 1991 cando se recuperaron as regatas de faluchos empregando embarcacións similares e dende entón de xeito ininterrompido cada ano se seguen a realizar, sendo un dos actos mais senlleiros destas festas.