Arquivo para Octubre 2019

Os barcos tradicionais de Bouzas volveron ao século XVIII

Viernes, 25 Octubre 2019, por marineros bouzas

Os barcos tradicionais de Bouzas volveron a participar no que e recoñecido como o maior desastre de batalla naval do século XVIII. Nestes días que expertos da famosa batalla cuestionan que o famoso pecio que se encontra a 98 metros de profundidade ao suroeste das Cíes non e, o emblemático “Santo Cristo de Maracaibo” si non o barco mais lexendario da batalla de Rande o “Nuestra Señora de los Remedios” que con 30 canóns eran xunto co “Santo Cristo de Maracaibo” os dous maiores barcos da flota ao mando de Manuel de Velasco.

A conmemoración da Batalla de Rande que este ano prometía ser unha edición importante estivo unha vez mais deslucida pola chuvia. Na navegación dende Bouzas a Rande non parou de chover con intensidade en toda travesía, o que fixo, que fose unha navegación moi incomoda.

Inda que contra o medio día, a chuvia deunos unha tregua importante, a hora do acto principal volveu a chover polo que os tesouros e os personaxes que o vixiaban, asi como os soldados que o custodiaban non puideron embarcar o que fixo que os actos principais tiveran que desenrolarse na carpa para protexerse da choiva o que impediu que os personaxes protagonistas, comendadores, pobo, e os exércitos non se viran chegar nos barcos, deslucindo esta conmemoración.   

Os barcos de Bouzas desembarcan aos berberiscos

Viernes, 18 Octubre 2019, por marineros bouzas

O pasado sábado, unha parte da flota de Bouzas, acudiu a Cangas, a unha representación dos feitos, do ano 1617, levando os piratas aos peiraos para arrasar a vila e facer todo tipo de barrabasadas.

O desembarco dos piratas  berberiscos, que polo 1617 desembarcaron en Cangas e atacaron a Vila, dirixíndose entre os ruídos da guerra cara onde o pobo agarda nas barricadas improvisadas para ofrecer resistencia ao saqueo, a defensa da vila non puido frear os saqueos e mortes de moitos dos seus habitantes, o que mais tarde aproveitaron os caciques para roubar as terras as viudas desamparadas.

Asi Mentres que as meigas danzan en aquelarre, os inquisidores Xuzgan a Maria  Soliña  baixo a gran cruz do sufrimento, quen acompañada doutras meigas recita o seu ultimo poema e cumpre sentencia.

 

A Madorniña de Bouzas, pecha a temporada ca regata do Marisco

Miércoles, 9 Octubre 2019, por marineros bouzas

Ca regata do marisco no Grove, pechase a tempada de regatas, nunha tarde na que a previsión de vento era case nula, pero que finalmente houbo abondo para poder desfrutar da competición. Nesta ocasión a Madorniña levou una tripulación mixta, con Carmen de proel, xa que Alberte non puido asistir.

A saída dende o pantalán e co vento de popa pechada, fixo que as dornas saíran de vagar e moi xuntas ata a primeira boia, na que os abordaxes foron continuos e incluso a Roxiña partiu un remo contra a Madorniña.

A partires de hai, e co vento de través, as dornas comezaron a posicionarse e xa se marcaron as diferenzas entre o grupo de cabeza e as demais, entre elas a Madorniña, que logo de botar una semana na chabola de Bouzas, metía auga coma una cesta, polo que foi preciso achicar varias veces o longo do percorrido.

O paso pola segunda boia, colocada entre bateas, foi menos accidentado pero con algún rifirrafe a causa das preferencias. Para alcanzar a terceira boia era preciso facer dous bordos, nos que xa quedou definido o podio, a falta da segunda volta. A Madorniña rematou no posto 13 de 17 dornas.  A gañadora foi a Jalerna, seguida da Fuxe en terceira posición quedou a Xarandeira.

 

A Regata de Porto Meloxo

Viernes, 4 Octubre 2019, por marineros bouzas

A quilla chantada na area, o leme no corredor, o pau seco, o proel a bordo e o patrón en terra listo para botar a correr praia abaixo ao toque da bucina. Deste xeito se preparaban as 15 dornas que o pasado sábado 28 de setembro participaron na última edición da regata de Porto Meloxo; a terceira da tempada que organizan os Amigos da Dorna Meca do Grove.

A pesar da predición de encalmadas, unha airexa suave pero constante acompañou a proba dando arrancada suficiente á frota para completar unha volta e media ao percorrido previsto.

A Madorniña, representante habitual de Mariñeiros Bouzas na competición dorneira, aproveitou a ocasión para poñer a proba algunhas mudanzas no aparello; con mal resultado, pois cruzou a liña de meta en penúltima posición.


Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad