A Regata de Porto Meloxo

A quilla chantada na area, o leme no corredor, o pau seco, o proel a bordo e o patrón en terra listo para botar a correr praia abaixo ao toque da bucina. Deste xeito se preparaban as 15 dornas que o pasado sábado 28 de setembro participaron na última edición da regata de Porto Meloxo; a terceira da tempada que organizan os Amigos da Dorna Meca do Grove.

A pesar da predición de encalmadas, unha airexa suave pero constante acompañou a proba dando arrancada suficiente á frota para completar unha volta e media ao percorrido previsto.

A Madorniña, representante habitual de Mariñeiros Bouzas na competición dorneira, aproveitou a ocasión para poñer a proba algunhas mudanzas no aparello; con mal resultado, pois cruzou a liña de meta en penúltima posición.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *