Mais do pasado Encontro

A Blogueira e viaxeira solitaria Luisa Vázquez, que o mesmo nos fala de Chile que das Illas Malvinas ou da India, xa estivera no Encontro de Cabo de Cruz do cal fixo unha entrada moi interesante.

Este verano volveu a desfrutar do Encontro, notase que lle gustan os barcos tradicionais porque estivo na Guarda, no pasado XIV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA e fixo un bonito reportaxe. Asi que si pinchades no enlace que tedes debaixo podedes velo.

Embarcaciones Tradicionales en A Guarda

Navegando pola enseada de Moaña

Os barcos de Bouzas fieis a súas tradicións non faltaron a cita da Asociación Sueste, con nosa presencia apoiamos o que esta asociación defendeu e segue a defender, a conservación e rehabilitación das carpinterías de ribeira de Casqueiro e Calragho.
Mentres que a “Madorniña” participaba na regata da Volta a Illa de Arousa, A Oleira, A Falucheira, O Coruxo e O Peixiño acudiron o Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moaña, navegando pola enseada entre o Porto do Con e Punta Arroás, pasando perto da Illa de San Bartelomeu, do Porto de Meira e da Canteira do Cocho, desfrutando deste cacho de mar da nosa Ria.

A Volta a Arousa de dornas a vela

Trinta e dúas dornas participaron na XXXV edición da Volta a Arousa o pasado 10 de Agosto. A mais célebre entre todas as regatas de dornas polbeiras contou co favor dos elementos; as chuvias da semana anterior cesaron oportunamente, dando paso a unha xornada de temperaturas agradables e, o mais importante, de ventiño moderado que guiou sen pausa ás polbeiras durante as case tres horas de singradura arredor da Illa.
Esta veterana regata destaca pola grande beleza da travesía, deixando na retina de público e tripulantes fermosas estampas melloradas pola presenza da frota dorneira. Mariñeiros Bouzas, que estaba participando na Xuntanza de Moaña,  enviou na sua representación “A Madorniña”, que nesta ocasión obtivo un modesto resultado cruzando a liña da chegada en vixésima posición.

 

Bouzas rendeulle homenaxe a Rosalia

Este pasado sábado 3 de agosto, Mariñeiros Bouzas estivo presente na última edición do evento “Inchadiña branca vela”  no que cada ano os militantes da Cultura Marítima  réndenlle homenaxe  a Rosalía de Castro.

Por un dia, os barcos tradicionais abandonaron o salitre para remontar os rios Ulla e Sar desde Vilarello até Padrón; nunha singradura moi especial, animada por música e culminada por unha espectacular izada de velas no Espolón. Xa en terra, as tripulacións presentaron os seus respectos á nosa poeta universal, remo en man e baixo os acordes do Hino Galego.

Despois de deixar os remos ao pé da estatua de Rosalia, a xornada completouse con unha visita á exposición fotográfica instalada na Casa do Patín e uns petiscos no centro histórico da vila. Antes de caer a noite os barcos de Bouzas emprenderon o regreso rio abaixo a vela e remo, mentres que outros continuaron a celebración pospoñendo a volta ao dia seguinte.

Polos mares de Bueu

A pesar do mal tempo decidimos poñer as roupas de auga e arrancar rumbo a Bueu, a travesía con chuvia e vento non foi moi pracenteira, pero unha vez en Bueu, despois de saudar aos amigos e repoñer forzas primeiro na viuda e despois ca excelente comida que nos ofreceron Os Galos, volvemos ao mar xunto cos demais barcos a desfrutar da bonita enseada e seu entorno, e coma sempre valeu a pena ir a.

se vou a
Bueu nun bou