A batalla da pandemia

No “VII ACTO DE CONMEMORACIÓN” da Batalla de Rande, no 318 aniversario, a Asociación Mariñeiros de Bouzas, puxemos Rumbo a Rande cos barcos tradicionais para participar por VII ano consecutivo, na famosa batalla entre as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa que tivo lugar o 23 de outubro de 1.702. Nosos barcos volveron a ser protagonistas desta conmemoración.

Pois, como todo deste ano, pareceu un pouco raro, mentres ca representación, entre sables, cañonazos, as tracas de foguetes e os coloridos dos traxes dos soldados estivo ben bonita, co feito da limitación de publico, os distintos actos resultaron menos calorosos, inda así, con todas as precaucións que esixe o covi, a organización fixo un esforzo extraordinario, e a conmemoración resultou un éxito.

As dornas en Bouzas seguen a navegar

“Contra vento, maré e coronavirus” asi e o titulo da Ardentía nº12. Este ano raro, rarisimo, no que o virus nos privou das distintas regatas e concentracións, a flota tradicional non esta tan activa coma outros anos, pero os Mariñeiros de Bouzas, seguen a saír ao mar é ata se atreven a facer regatas de dornas, (pequenas regatas mais ben pachangas) pero coma sempre con moito interese en chegar os primeiros a meta. Pois si señor estivo ben bonita, e moi compititiva.

A “Nova Friña” entrou de primeira, a “Fuxe” de segunda e a “Madorniña” de terceira. Dende aquí aproveitamos para agradecer ao mariñeiro bar “O Dorneiros” que invitou aos participantes a uns petiscos.

O próximo Encontro será en Moaña

A mariñeira Vila de Moaña presenta o XV ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA. Onte no salón de plenos do concello moañés, presentouse o XV Encontro a celebrar na primeira semana de agosto do próximo ano, a mesa estivo presidida polo alcalde en funcións, a concelleira de cultura, o presidente da asociación Sueste e o presidente de Culturmar, os compoñentes da mesa, expuxeron que teñen por diante un novo recto que afrontan con ilusión, comentaron que xa contan con outras asociacións da vila para votar unha man e que queren que o próximo encontro sexa un evento destacado na vila.  Vos ventos para os organizadores.

Staffan Mörling, o benquerido normando de Ons

O noso colaborador Gustavo Luca, envíanos un texto sobre Staffan Mörling, que comeza así:

Dúas invasións normandas deberian figurar nos libros de historia de Galiza: a primeira, de centos de barcos de vela de pau de cruz entrando por Catoira no 986, unha desfeita hoxe recordada pola estatua dun viquingo de man alzada en ferro de obra; a segunda, a de Staffan Mörling, mozo normando que chega a Ons en decembro de 1964, na procura dos segredos da dorna.

Lee o resto do artigo en PDF

Mariñeiros de Bouzas rendelle homenaxe a Staffan Mörling (o sueco de Beluso)

Cando en 1964, Staffan Mörling, despois de estudar os barcos das illas Feroe, visitou a illa de Ons, namorouse de Galicia e dunha galega. O seu libro “Las Embarcaciónes Tradicionales de Galicia”  publicado en 1989, é considerado polos militantes da Cultura do mar galega coma nosa biblia, e contribuíu, enormemente ao desenrolo deste movemento en defensa do Patrimonio Marítimo, especialmente dos barcos de traballo dos galegos, (os barcos dos pobres) especialmeste da sua querida dorna, da que gustaba chamar a embarcación intelixente, pola sinxeleza de seu aparello e o ben que navega a vela. E non lle faltaba razon.

Seu entusiasmo pola defensa destes barcos levouno a participar na reunión onde se firmou a ACTA FUNDACIONAL DA FEDERACIÓN GALEGA POLA CULTURA MARÍTIMA, nesa acta, firmada en Cambados na Casa da Cultura, o 23 de Abril de 1994, figura sua firma, e seu DNI co numero 00231471.
A ultima vez que estibo en Bouzas foi visitando noso pantalan de barcos tradicionais o 25 de Setembro de 2011. Unha televisión catalana que andaba a sua procura gravou un reportaxe .

Na paxina 275 do libro “Las Embarcaciónes  Tradicionales de Galicia” fala dos barcos de viaxeiros de Cangas-Vigo e Moaña-Vigo, e escribe.   Fue una desas líneas de tranvía que me llevó a un lugar donde el gama de las antiguas embarcaciones locales parecía haberse presentado distinta. Había tomado el 6, y llegué a Bouzas. Era una tarde de a mediados de Diciembre de 1965, pero en un bar encontré no solamente una temperatura agradable sino también esa voluntad de ayudar y asistir del marinero gallego………

Que os bos ventos o acompañen nesta singradura.